“Sector coidados: necesidades e potencialidades”  Encontro telemático

Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop queremos convidarvos a participar no encontro «Sector coidados: necesidades e potencialidades» que se celebrará o martes 8 de outubro en formato telemático, vía Zoom a partir das 17 h.

 

 

Dando continuidade ao traballo de análise de necesidades e detección de potencialidades do sector dos coidados, en EspazoCoop estamos desenvolvendo un proceso prospectivo que nos permita orientar o camiño a seguir a prol do emprendemento cooperativo e da consolidación das empresas e profesionais deste sector.

Trátase dunha acción da actividade “Consolidación do nexo entre a economía dos coidados e a economía social”, realizada no marco dos programas da Rede Eusumo 2024, e de ES-Factory Interreg España-Portugal (Poctep) 2021-2027.

O encontro previsto para o día 8 de outubro, en liña, ten como obxectivo favorecer a reunión de profesionais do sector coidados para recoller achegas e suxestións de mellora, a partir da súa realidade e experiencia, amais de trasladar e avaliar a información recollida no traballo de prospección realizado ata agora.

Destinatarias

Preferentemente, persoas e entidades vinculadas ao sector da economía dos coidados, profesionais da xestión, prestadoras de servizos, tecido da economía social, tecido socioeconómico e comunitario, administracións públicas, ou prescriptoras de emprendemento neste sector.

 

Programa

17.00 h. Recepción e benvida.

17.20 h. Presentación da proposta de intervención no sector coidados.
Unión de Cooperativas EspazoCoop

17.55 h. Presentación do estudo de diagnose e resultados.
Atoupa S. Coop. Galega

18.15 h. Pausa.

18.35 h. Obradoiro de recollida de achegas e suxestións.
Atoupa S. Coop. Galega

19.25 h. Avaliación do proxecto e o encontro.
Atoupa S. Coop. Galega

19.55 h. Despedida e peche da xornada.
Unión de Cooperativas EspazoCoop.

INSCRICIÓN neste enlace

Unha vez recibamos a túa inscrición, enviarémoste o enlace de acceso ao encontro virtual.