EspazoCoop e Xunta colaboran na consolidación de preto de medio centenar de cooperativas
O 27 de setembro celebrouse en Vigo a xornada de presentación dos resultados do programa CONSOLIDA+, unha iniciativa desenvolta por EspazoCoop no marco das subvencións da Rede Eusumo (Consellería de Emprego, Comercio e Igualdade) co obxectivo de fortalecer o cooperativismo en Galicia.
O programa CONSOLIDA+, que se levou a cabo entre outubro de 2023 e setembro de 2024, brindou un apoio fundamental ás cooperativas galegas, axudándoas a consolidar as súas actividades, mellorar a calidade do emprego e garantir a súa supervivencia a medio e longo prazo.
Durante o evento, presentáronse os principais logros do programa, entre os que destaca a realización de 720 horas de titorías personalizadas para 41 cooperativas. Estas titorías permitiron un asesoramento especializado en áreas crave como a xestión societaria, laboral, económica-financeira, comercial e organizativa. Ademais, ofrecéronse consultas específicas en cuestións fiscais, xurídicas e sectoriais, axudando ás cooperativas para identificar e resolver as súas carencias e necesidades.
A xornada contou cunha alta participación to tecido cooperativo galego, ademais de representantes de diferentes institucións como Farrah Lisa, Subdirectora Xeral de Economía Social da Xunta de Galicia.
Principais obxectivos de CONSOLIDA+
O programa CONSOLIDA+ centrouse nos seguintes obxectivos:
- Acompañar aos socios e órganos directivos na xestión das cooperativas, identificando melloras e oportunidades de crecemento.
- Fomentar o encontro entre cooperativas para compartir recursos, experiencias e boas prácticas.
- Proporcionar ferramentas de autodiagnóstico e planificación para optimizar a xestión interna e o rendemento dos proxectos cooperativos.
Resultados destacados
Entre os resultados achegadas polo programa pódense destacar:
- 720 horas de titorías personalizadas en ámbitos como a análise societario, modificacións estatutarias, resolución de conflitos, planificación económico-financeira e mellora comercial.
- 36 horas de formación en ferramentas básicas de xestión.
- 2 encontros temáticos, enfocados na xestión cooperativa e a difusión de boas prácticas.
- 3 vídeos de experiencias cooperativas, que visibilizan casos de éxito.
A xornada tamén incluíu un espazo de networking, que facilitou o intercambio de ideas e proxectos entre as cooperativas. As 48 cooperativas que participaron no programa destacaron a importancia deste tipo de iniciativas para fortalecer a súa estrutura e consolidarse no mercado.
Apoio á Economía Social
O programa CONSOLIDA+ naceu co obxectivo de apoiar o desenvolvemento do cooperativismo e a economía social en Galicia. A través das subvencións da Rede Eusumo, o programa logrou atender as necesidades de cooperativas en diversas fases de maduración: desde cooperativas de recente creación, con menos de cinco anos de existencia, ata cooperativas máis consolidadas, con máis de once anos de experiencia.
A xornada concluíu cunha posta en común de recursos e ferramentas, subliñando a importancia de continuar desenvolvendo este tipo de programas que ofrecen apoio integral ás cooperativas, garantindo a súa viabilidade a longo prazo e promovendo a xeración de emprego de calidade.
CONSOLIDADAS – Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega
CONSOLIDADAS – Aventeira S. Coop. Galega
CONSOLIDADAS – Miraxe S. Coop. Galega
Sobre EspazoCoop
A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores, que ten como obxectivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.
Leave A Comment