Programa de teleformación:
«Coopera Rural»
A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural” que se imparte nos meses de abril, maio e xuño de 2025 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.
Estas actividades formativas contan co apoio da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
Este Programa tamén contan co apoio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.
O primeiro dos cursos dá inicio o día 22 de abril, e a inscrición xa está aberta. Trátase dun itinerario formativo en modalidade de teleformación, que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 75 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.
CURSOS DO PROGRAMA `COOPERA RURAL´
Fortalecendo o tecido cooperativo no rural galego:
- Emprendemento en cooperativa | Do 22 de abril ao 13 de maio 2025 | 25 h. | Teleformación |
- Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | Do 15 de maio ao 2 de xuño 2025 25 h. | Teleformación |
- Desenvolvendo a idea cooperativa | Do 9 ao 30 de xuño 2025 25 h. | Teleformación |
Emprendemento en cooperativa
Teleformación| do 22 de abril ao 13 de maio de 2025 | 25 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:
Programación aquí | Inscrición aquí
Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
Teleformación| do 15 de maio ao 2 de xuño de 2025 | 25 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:
Programación aquí | Inscrición aquí
Desenvolvendo a idea cooperativa
Teleformación| do 9 ao 30 de xuño de 2025 | 25 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:
Programación aquí | Inscrición aquí
ESTES CURSOS CONTAN CO APOIO E ENMÁRCANSE NOS PROGRAMAS:
Programación 2025 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.
Leave A Comment