Programa << CONSOLIDACOOP >> 

Para consolidar a vosa cooperativa, impulsa coñecemento, capacidades e novas habilidades!.

ConsolidaCoop: Un programa de mentoring con empresas cooperativas.

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria para solicitar o PROGRAMA CONSOLIDACOOP, principalmente destinado a cooperativas socias.

Obxecto: 
Selección de 9 cooperativas para participar no Programa ConsolidaCoop, a través do cal prestarase un servizo de mentoring para consolidar cooperativas, mediante a posta en marcha de procesos de acompañamento para impulsar melloras na organización beneficiaria.

Convoca: 
Unión de Cooperativas EspazoCoop.

O programa ConsolidaCoop enmárcase na programación 2020 da rede Eusumo, rede liderada pola Xunta de Galicia para promoción do cooperativismo e a economía social en Galicia.

Prazo de solicitude: 
4 de marzo de 2020.

Bases da convocatoria, fai clic neste enlace:

Programa ConsolidaCoop

Información e consultas: 
986 866 149 – roberto@espazo.coop