As novas cooperativas socias 

 

Presentamos ás seis novas cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop. Deixámosvos a súa referencia para que as coñezades un pouco e as podades ter en conta á hora de practicar un consumo cooperativo ou para intercooperar e telas como aliadas á hora de realizar traballos en común ou nas vosas relacións profesionais.

 

 

» XARDA ten por actividade principal estes ámbitos:

  • Prestación de servizos xornalísticos.
  • Produción audiovisual.

É unha cooperativa de traballo asociado con sede en Bertamiráns (A Coruña).

Web: https://www.xarda.gal

» SUSEIA realiza actividades relacionadas coa produción de programas de televisión e audiovisuais.

É unha cooperativa de traballo con sede en Brión (A Coruña).

» CUARTO DE INVERNO é unha editorial independente.

Publican libros e realizan servizos editoriais (deseño, correcións, escritura …).

Trátase dunha cooperativa de traballo con sede en Arzúa (A Coruña).

Rede social: Facebook Cuarto de Inverno

» TECELEIRAS adícase a:

  • Cría e recría de aves de forma artesanal para a producción agroecolóxica.
  • Producción e transformación de produtos agroecolóxicos.
  • Manipulación, conservación, transformación, aproveitamento artesanal e comercialización de produtos agroecolóxicos.
  • Deseño, execución e desenvolvemento de programas educativos (acción formativas e divulgativas).

Trátase dunha cooperativa de explotación comunitaria da terra con sede en Aranga (A Coruña).

» FLORES VIVAS adícase á venda ao por maior de flor cortada. Contan cun almacén para a venda maiorista deste produto.

Trátase dunha cooperativa de traballo con sede no Baixo Miño, en Amorín (Tomiño).

» A DISONANTE CULTURAL traballan no ámbito da xestión e producción cultural, en concreto adícase a:

  • Formación en diversas áreas da creación e a execución músical en particular e das artes escénicas en xeral;
  • Producir, promover e divulgar eventos e actividades de cariz cultural e/ou recreativo;
  • Asesorar na xestión e na innovación de procesos, eventos ou actividades do sector cultural;
  • Producción, divulgación, distribución e comercialización de obras artísticas e editoriais;
  • Promover calquera outra actividade considerada necesaria para a realización dos seus fins sociais.

Trátase dunha cooperativa de traballo asociado son sede na cidade de Vigo.

Web: https://www.adisonantecultural.org

 

Fai clic : // CAMPAÑA #SUMACOOPS  //

Fai clic: // DIRECTORIO DE COOPERATIVAS SOCIAS //