ES-Factory: Tes unha idea de negocio na economía prateada?
Que é a Economía Prateada?: é aquela que está vinculada co cambio demográfico producido polo envellecemento da poboación, e o seu enfoque céntrase nas necesidades e demandas das persoas adultas maiores.
Co apoio do programa ES-Factory, e de EspazoCoop e Tecminho, podemos acompañarte para valorar as ideas de negocio na economía prateada e levalas adiante dende os modelos que ofrece a economía social.
Desde EspazoCoop queremos convidarte a compartir a túa idea, iniciativa ou liña de negocio na economía prateada
Se pensas en crear unha empresa ou unha nova liña de negocio no ámbito da economía social nos servizos de atención ás persoas maiores, como son os servizos sanitarios, coidados, turismo, tecnoloxía e transformación dixital, vivenda, lecer, igualdade, dependencia, actividades da vida diaria, etc., aproveita o programa gratuíto ES-Factory e rexístrate agora nesta chamada á economía prateada para identificar oportunidades de negocio, cóntanos o teu interese en facer parte do noso programa.
Fai o teu REXISTRO >> aquí
Que che ofrece ES-Factory?
Servizos de soporte gratuítos para analizar o modelo de negocio, e acompañarte na creación da túa cooperativa, ou empresa de economía social, de ser o caso.
Presenza da túa iniciativa nunha xornada de ES-Factory sobre identificación de oportunidades de negocio en distintas economías, o día 9 de decembro de 2024 en Mos, promovida pola Xunta de Galicia, ademais da economía prateada:
- economía azul (mares e océanos)
- verde (medioambiente e enerxías renovables)
- prateada (servizos de atención a persoas adultas e servizos sanitarios)
- laranxa (artística, ocio e turismo)
- amarela (TIC, Big data y AI)
Con ES-Factory poderás recibir acompañamento, asesoramento e formación en posteriores fases do programa, entrar nunha aceleradora que impulsará a creación da túa cooperativa, ou empresa de economía social emerxente no espazo transfronteirizo de Galicia e o Norte de Portugal, de ser o caso.
En 2025, lanzarase unha convocatoria específica de proxectos para recibir apoio e asesoramento na fase de aceleradora, a Academia ES-Factory 2025-2026, a través de sesións de mentoring.
As iniciativas recibidas con maior vinculación cos obxectivos do programa ES-Factory poderán entrar noutras actuacións realizadas no marco do programa, ou inclusive poderán optar a outros servizos de apoio para impulsar a súa creación e promoción.
Proxecto na Economía Prateada. Rexístrate!
Se a túa idea, iniciativa ou liña de negocio está dentro dalgún sector vencellado á economía prateada, cubre este breve formulario aquí, que estará dispoñible ó longo deste 2024, e nos poremos en contacto contigo o antes posible.
Moitas grazas pola túa contribución!
—
Sobre o programa ES-Factory
ES-Factory é unha nova rede de aceleradoras de economía social creada para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e norte de Portugal, liderada pola Xunta de Galicia, no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, e da que EspazoCoop fai parte.
Esta iniciativa promove a cooperación transfronteiriza entre entidades de ambas rexións, facilitando o intercambio de experiencias no ámbito da economía social e fomentando a igualdade de oportunidades e a inclusión de persoas para promover o emprendemento.
Dentro da acción A1.- Unidade transfronteiriza para a vinculación da economía social con outros ecosistemas emerxentes no territorio transfronteirizo, e en colaboración co socio luso TECMINHO, realizamos esta chamada á identificación de oportunidades de negocio no sector da economía prateada (servizos de atención e/ou dirixidos ás persoas maiores, como servizos sanitarios, coidados, turismo, tecnoloxía e transformación dixital, vivenda, lecer, igualdade, dependencia, actividades da vida diaria, etc.), que servirá para:
-
Identificar como a economía social pode desempeñar un papel fundamental e innovador cada unha transición xusta e equitativa
-
Conectar a economía social con outros ecosistemas emerxentes do territorio galego e do norte de Portugal
-
Contribuír á prospección de novas oportunidades de negocio na economía prateada, cuxos resultados se materializarán nun informe nos próximos meses
-
Servir de base para o lanzamento dunha convocatoria específica de proxectos para recibir apoio e asesoramento no desenvolvemento dos vosos proxectos
-
Incorporar posibles candidaturas desta acción á fase de aceleradora Academia ES-Factory de 2025, recibindo acompañamento e apoio a través de sesións de mentoring dirixidas a persoas emprendedoras