Participa! na identificación de oportunidades de negocio na economía prateada do Proxecto ES Factory
ES FACTORY é unha nova rede de aceleradoras de economía social creada para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e norte de Portugal, liderada pola Xunta de Galicia, no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, e da que EspazoCoop fai parte.
Esta iniciativa promove a cooperación transfronteiriza entre entidades de ambas rexións, facilitando o intercambio de experiencias no ámbito da economía social e fomentando a igualdade de oportunidades e a inclusión de persoas para promover o emprendemento.
Chamada á identificación de oportunidades de negocio do sector da economía prateada
Dentro da acción A1.- Unidade transfronteiriza para a vinculación da economía social con outros ecosistemas emerxentes no territorio transfronteirizo, e en colaboración co socio luso TECMINHO, realizamos esta chamada á identificación de oportunidades de negocio no sector da economía prateada (servizos de atención e/ou dirixidos ás persoas maiores, como servizos sanitarios, coidados, turismo, tecnoloxía e transformación dixital, vivenda, lecer, igualdade, dependencia, actividades da vida diaria, etc.), que servirá para:
-
Identificar como a economía social pode desempeñar un papel fundamental e innovador cada unha transición xusta e equitativa
-
Conectar a economía social con outros ecosistemas emerxentes do territorio galego e do norte de Portugal
-
Contribuír á prospección de novas oportunidades de negocio na economía prateada, cuxos resultados se materializarán nun informe nos próximos meses
-
Servir de base para o lanzamento dunha convocatoria específica de proxectos para recibir apoio e asesoramento no desenvolvemento dos vosos proxectos
-
Incorporar posibles candidaturas desta acción á fase de aceleradora Academia ES-Factory de 2025, recibindo acompañamento e apoio a través de sesións de mentoring dirixidas a persoas emprendedoras
Se a túa idea de negocio, ou necesidade identificada, está dentro dalgún sector vencellado á economía prateada, cubre este breve formulario aquí, que estará dispoñible ó longo deste mes de outubro de 2024, e nos poremos en contacto contigo o antes posible.
Moitas gracias pola túa contribución!
Deja tu comentario