Obradoiros en agosto e setembro 2019 | Unión de Cooperativas EspazoCoop
EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, programou para os meses de agosto e setembro dous obradoiros formativos en modalidade presencial en Vigo e O Porriño, que abordarán contidos relacionados coas empresas cooperativas e o emprendemento dende un modelo cooperativo.
Estas actividades están dentro da Programación da Rede Eusumo (rede de fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia) e teñen carácter gratuíto.
A duración de cada obradoiro é de 20 horas, distribuídas en 4 sesións (catro días).
| FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER |
VIGO | 30 e 31 de agosto, 6 e 7 de setembro 2019
Lugar: Rúa Teófilo Llorente 16 (O Berbés), Vigo (sede da Asociación Galicia Fiddle)
4 sesións | Venres de 18.00 a 22.00 horas e Sábados de 9.00 a 14.00 horas | Información: 986 866 149 – teresa@espazo.coop
>>> Programa aquí | Cartel aquí | Inscrición aquí
Colaboran: 7H Cooperativa Cultural s. coop. galega – 85C Colectivo Artístico
Dirixido: Tanto a persoas do ámbito artístico como tamén a calquera interesada no modelo de emprendemento cooperativo.
| COOPERATIVAS DE ENSINO. UNHA ALTERNATIVA DE EMPREGO |
O PORRIÑO | 4, 5, 6 e 17 de setembro 2019
Lugar: Colexio Santo Tomás s. coop. galega – O Porriño
4 sesións | De 9.30 a 14.30 horas | Información: 881 887 456 – patane@espazo.coop
>>> Programa aquí | Cartel aquí | Inscrición pechada
Colabora: Colexio Santo Tomás s. coop. galega