A Unión de Cooperativas EspazoCoop dá continuidade ao ‘Programa de Formación Especializada’ gratuíto e destinado prioritariamente para as cooperativas socias, tamén para outras cooperativas e organizacións de economía social.

Trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis. Iniciou en xuño de 2018 co primeiro módulo ‘Ferramentas para a Innovación: design thinking’, a finais de outubro de 2018 celebrouse o segundo módulo ‘Direción e Xestión Financeira nas Cooperativas’, e continúa agora co módulo 3 a través da seguinte proposta formativa:

 

FORMACIÓN ESPECIALIZADA – MÓDULO 3

LIDERADO COOPERATIVO E XESTIÓN DE EQUIPOS

O venres 22 de febreiro e o venres  1 de marzo de 2019 en Santiago  – de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 h. – Rúa Dublín 3, baixos (Polígono das Fontiñas) Santiago de Compostela – Duración do módulo 15 horas.

Programa aquí | Inscrición aquí | Cartel aquí

 

Impartida por : A acción formativa será impartida e dinamizada por dúas docentes:

Andreina Aular VillavicencioLicenciada en Administración Especialidade en Recursos Humanos. Posgraduado en Seguridade Social Mención Laboral. Certificada en Consultoría e Estratexia IESA. Facilitadora certificada de Programas Succes Motivation International SMI.

Alejandra Regueira Iglesias, Licenciada en Dereito. Posgraduado en Dirección de RRHH. Especialista en Resolución de Conflitos. Facilitadora de Lego Serious Play.

 

Por que facer esta formación?

1| Con esta formación mellorarás as capacidades e procedementos na xestión empresarial, para aplicar nos sistemas de dirección e xestión en cooperativas, coñecerás boas prácticas, e ferramentas de utilidade.

2| Tamén se busca favorecer as relacións e o coñecemento entre as cooperativas que participen, e que esto permita establecer colaboracións futuras entre elas. É dicir, coñecerás posibles aliadas e colaboradoras.

Contidos e programa

Trataremos:

  • os estilos de liderado
  • a comunicación
  • a delegación
  • a motivación
  • a toma de decisións
  • a efectividade nas cooperativas
  • o desenvolvemento de equipos de alto rendemento
  • a xestión de conflitos       

>> Programa aquí

Metodoloxía

Metodoloxía de traballo que combian o coñecemento teórico, coa experiencia práctica, exercicios de autoreflexión, simulacións, debates e demostracións.

Para quen?

Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa.

Tamén outras cooperativas e organizacións de economía social.

———-

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social