IMPULSO, cooperativas para o emprendemento xuvenil

IMPULSO é un programa de fomento e dinamización para facilitar a creación de cooperativas na mocidade, mediante asesoramento e acompañamento a medida.

A iniciativa enmárcase na programación da Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e no proxecto ES-Factory, un programa europeo Poctep liderado pola Xunta de Galicia, na liña: pilotos de cooperativas de emprendemento para xerar emprego de calidade na economía social.

 

 

 

Que busca?

  • Xerar emprego
  • Apoiar e dinamizar á mocidade e as mulleres, priorizando o ámbito rural, cara o mundo laboral
  • Mellorar as habilidades e capacidades emprendedoras
  • Dotar as emprededoras dun sistema de sondaxe do emprendemento para comprobar a viabilidade
  • Impulsar e crear empresas cooperativas de emprendemento xuvenil viables e exitosas
  • Promover proxectos en novas actividades e economías emerxentes e a innovación

Programa

>Selección de ideas e iniciativas

Identificar oportunidades de actividade en economías emerxentes no emprendemento cooperativo xuvenil.

>Seguintes etapas: análise e reflexión

1

2

3

4

5

6

7

CREAR EQUIPO ORIENTACIÓN PROFESIONAL > PROPOSTA DE VALOR SONDAXE DO PRODUTO OU SERVIZO HABILIDADES EMPRENDEDORAS (comercial, producción, rse…) ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DAS PERSOAS FÓRMULA XURÍDICA: COOPERATIVAS XUVENÍS FINANCIAMENTO

 

>Creación e constitución da cooperativa

Apoio na xestión e tramitación da cooperativa, e na solicitude de axudas.

PROGRAMA IMPULSO > Dotado con 60 h ata 31 de outubro de 2026

ITINERARIO POR GRUPO DE EMPRENDEMENTO > mínimo 7 h

Unha das vantaxes do programa IMPULSO é o proceso de acompañamento que se realiza para emprender, a medida de cada grupo de emprendemento pre-cooperativo, e o traballo preparatorio do asesoramento e as sesións coas persoas.

A metodoloxía empregada, de participación activa do grupo de emprendemento no proceso, fortalece o seu compromiso e a asunción de responsabilidade e liderado. O método combina análise e reflexión estratéxica mediante o uso de modelos e recursos de análise e planificación, que xunto coas boas prácticas e casos de éxito estimulan e conducen os resultados dexesados.

Cartel do programa > neste enlace

 


Esta iniciativa enmárcase:

– As accións realizadas baixo o proxecto 0259_ES_Factory_1_E están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.


– Programa da Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Xunta de Galicia, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.