Formación especializada de cooperativas 2024
A Unión de Cooperativas Espazocoop lanza o Programa de Formación Especializada de Cooperativas, que realiza co apoio do Concello de Santiago de Compostela e co que Unión asinou un convenio de colaboración para desenvolver un programa máis amplo de actuacións a favor do cooperativismo, denominado “Impulso dun Ecosistema Emprendedor na Economía Social”.
O programa ofrece 4 cursos gratuítos presenciais que se desenvolverán nas instalacións de Cersia Empresa en Santiago de Compostela os meses de xuño e xullo de 2024.
Obxectivos do programa de formación especializada de cooperativas:
- Consolidar ás empresas de economía social, mediante formación que contribúa á capacitación das persoas e á mellora continúa das empresas, contribuíndo á mellora da xestión e da súa organización empresarial.
- Divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e os sistemas de dirección.
- Potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes para establecer alianzas futuras.
A seguir presentamos os 4 cursos, que teñen unha duración de 5 horas de formación cada un deles, e se acreditan mediante diploma:
Curso 1 | XESTIÓN DE COOPERATIVAS: FACTURACIÓN E FISCAL
Data e horario: mércores 26 de xuño de 2024, de 9:30 a 14:30 horas – Cartel
Imparten: Anxo Louzán, de Xiama, S. Coop. Galega – Ángeles Barreiro Vilas, de Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Programa: neste enlace – Inscrición neste enlace
Curso 2 | XESTIÓN LABORAL DE COOPERATIVAS
Data e horario: mércores 3 de xullo de 2024, de 9:30 a 14:30 horas – Cartel
Imparte: Isabel García Álvarez, de Xedega, S. Coop. Galega.
Programa neste enlace – Inscrición neste enlace
Curso 3 | INTERCOOPERACIÓN: POÑENDO EN VALOR A CULTURA DE COOPERAR
Data e horario: mércores 10 de xullo de 2024, de 9:30 a 14:30 horas.
Imparte: Ramón Rodríguez, da Unión de Cooperativas EspazoCoop – Cartel
Programa neste enlace – Inscrición neste enlace
Curso 4 | ORGANIZACIÓN E XESTIÓN SOCIETARIA EN COOPERATIVAS
Data e horario: mércores 17 de xullo de 2024, de 9:30 a 14:30 horas.
Imparte: Rosa Álvarez, da Unión de Cooperativas EspazoCoop – Cartel
Programa neste enlace – Inscrición neste enlace
Actividades realizadas no marco do convenio de colaboración 2024 entre a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela.