Formación de Titoras Xerencias en Cooperativas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela colaboran na realización de actividades de fomento do cooperativismo, neste mes de febreiro está programado o curso “Formación para Titoras Xerencias en Cooperativas”, que se celebra do 28 de febreiro ao 6 de marzo de 2023 en modalidade semipresencial.
A formación dará a coñecer o modelo cooperativo e as súas caracteristicas básicas e diferenciadoras, asentará as bases para desempeñar unha axeitada función xerencial en cooperativas. Tamén amosará, dende a práctica, as condicións necesarias para xestionar este modelo de empresa.
O curso contribuirá a que se coñezan e valoren as cooperativas e as súas dimensións sociais e económicas, e aportará recursos para o traballo de xestión.
As destinatarias da acción formativa son: Persoas mozas, preferentemente ata 30 anos con formación relacionada coa área empresarial.
- Duración: 20 horas
- Modalidade: Semipresencial
- 2 Sesións presencias: 28 de febreiro e 3 de marzo – En Santiago de Compostela
- 1 Sesión virtual: 2 de febreiro na Aula Virtual de EspazoCoop
- Consultar o programa: Ficha do curso
- Cartel: Cartel
Información e inscricións: Unión de Cooperativas EspazoCoop | patane@espazo.coop – 881 887 456 – 697 877 773