Formación de Titoras Xerenciais en Cooperativas

Formación de Titoras Xerencias en Cooperativas

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela colaboran na realización de actividades de fomento do cooperativismo, neste mes de febreiro está programado o curso “Formación para Titoras Xerencias en Cooperativas”, que se celebra do 28 de febreiro ao 6 de marzo de 2023 en modalidade semipresencial.

 

 

A formación dará a coñecer o modelo cooperativo e as súas caracteristicas básicas e diferenciadoras, asentará as bases para desempeñar unha axeitada función xerencial en cooperativas. Tamén amosará, dende a práctica, as condicións necesarias para xestionar este modelo de empresa.

O curso contribuirá a que se coñezan e valoren as cooperativas e as súas dimensións sociais e económicas, e aportará recursos para o traballo de xestión.

As destinatarias da acción formativa son: Persoas mozas, preferentemente ata 30 anos con formación relacionada coa área empresarial.

  • Duración: 20 horas
  • Modalidade: Semipresencial
  • 2 Sesións presencias: 28 de febreiro e 3 de marzo – En Santiago de Compostela
  • 1 Sesión virtual: 2 de febreiro na Aula Virtual de EspazoCoop
  • Consultar o programa: Ficha do curso
  • Cartel: Cartel

Información e inscricións: Unión de Cooperativas EspazoCoop | patane@espazo.coop881 887 456 – 697 877 773

 

2023-02-23T12:15:39+01:0023/02/2023|Formación, Rede Eusumo|Comentarios desactivados en Formación de Titoras Xerenciais en Cooperativas

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma