Organizacións Transformadoras.

Unha mirada dende a facilitación e xestión de grupos

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta un novo módulo formativo dentro do Programa Especializado de Formación Xerencial en Cooperativas -programación 2021-, que está previsto para o mes de Setembro.  O curso desenvolveranse en modalidade tele-formación.

Esta formación é para ti?

‘Organizacións  Transformadoras’ é para ti se buscas mellorar os procesos de traballo na túa cooperativa, acadando maior eficiencia na consecución dos resultados e no benestar das persoas.

Se che interesa coñecer enfoques e ferramentas que desde a Facilitación de Grupos se poden aplicar, se queres desenvolver Novos Estilos de Liderado que permitan a mellora dos equipos de traballo, será unha oportunidade de coñecer algunhas ferramentas e metodoloxías e, a un tempo, Reflexionar e aprender colectivamente a través da experiencia doutras persoas envoltas na Xestión de proxectos cooperativos.

Do 14 ao 28 de setembro 2021| 15 horas | 3 sesións online de aprendizaxe

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición

Cota de matrícula: Este curso conta cunha cota de matrícula. Aplicarase unha reducción no importe da mesma ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Presentámosche á docente

Andrea Rico Adega, socia de Rexenerando, S. Coop. Galega. É educadora social e pedagoga, especializada en facilitación de grupos. Ten ampla experiencia no acompañamento a equipos e a impartición de cursos neste eido. Andrea é socia do Instituto de Facilitación e Cambio (IIFAC-e)

Rexenerando S. Coop. Galega é unha cooperativa sen ánimo de lucro afincada en Ferrol desde 2014 e socia de Espazocoop. Desde ela, un equipo interdisciplinar de persoas desenvolven proxectos de intervención sociocomunitaria para a xustiza social, arredor de tres eixos de traballo: facilitación de grupos e participación social; igualdade de xénero; e cultura e memoria. O seu equipo conta con formación e experiencia no eido da facilitación de grupos, tanto na execución de obradoiros e programas formativos, coma no acompañamento a equipos, eventos, xornadas e procesos de participación cidadá.

 

 



Esta actividade enmárcase nos programas:

– Programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia. Eusumo fomenta o cooperativismo e a economía social e conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

– Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.]