EspazoCoop viaxa a Estonia: O consorcio de EC4RURAL organiza a segunda reunión presencial en Tartu
Un ano despois do inicio do proxecto, o consorcio de EC4RURAL organiza esta semana en Tartu (Estonia) o seu segundo encontro xeral no que participan as dez entidades socias. Do 26 a 27 de setembro, as xornadas de traballo dedicaranse a facer unha posta en común de temas organizativos, así como da evolución do proxecto, fitos cumpridos e próximas metas. O terceiro día, opcional, está reservado para coñecer esta cidade universitaria declarada Capital Europea da Cultura 2024 coincidindo cos 800 anos da súa fundación. Tartu está situada no sur do país, a unhas dúas horas en tren da capital, Tallin.
Os anfitrións desta xuntazan son os catro socios estonianos de EC4RURAL: a Universidade de Tartu, a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia, a Axencia Rexional de Enerxía de Tartu e a Unión Estonia Leader (ELU).
Por parte de Galicia (España) acuden a Universidade de Vigo (líderes do proxecto), a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a cooperativa Sapiens Enerxía, Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop e a Fundación Juana de Vega. Desde Bélxica desprazarase a Asociación Europea Leader para o Desenvolvemento Rural (ELARD).
Programa e visita aos municipios de Rõuge e Elva
A reunión, que terá lugar no Tartu Centre for Creative Industries Conference Hall, comenzará o xoves 26 ás 9:00h coa benvida a cargo de Mihkel Solvak, vicedecano de Investigación e Desenvolvemento da Facultade de Ciencias Sociais (Universidade de Tartu). A continuación, presentará o proxecto EC4RURAL, Xavier Simón, coordinador e catedrático de Economía Aplicada da UVigo. Antti Roose, profesor de Xestión de Recursos na Universidade de Tartu, resumirá o programa e os principais puntos da reunión anual.
Ata a unha, os socios presentarán o estado de cada paquete de traballo e despois do xantar, desprazaranse en autobús para coñecer Rõuge, un dos doce municipios estonianos que participan en EC4RURAL. Os outros son Alutaguse, Elva, Hiiumaa, Järva, Lääne-Harju, Põltsamaa, Saku, Tori, Türi, Viimsi e Viru-Nigula. En total ocupan unha superficie total de máis de 9.000 hectáreas na que viven máis de 125.000 persoas.
O venres 27, os socios de Galicia, por un lado, e os de Estonia polo outro, exporán a evolución e estado de ambos pilotos, aproveitando a tarde para coñecer o municipio de Elva. Durante a mañá, tamén haberá unha reunión específica do comité de dirección de EC4RURAL.
A parte social deste encontro reservouse para o sábado 28, día no que os anfitrións organizaron varias visitas guiadas para cidade de Tartu.
—
Suscríbete á newsletter de EC4RURAL e non te perdas as últimas novas, eventos, publicacións e outras actividades de EC4RURAL: neste enlace
*Imaxe: vía redes sociais Ec4rural
Leave A Comment