EspazoCoop participará no xurado do Foro “Emprender con Impacto”, da Rede de Aceleradoras ES-Factory
O próximo día 21 de maio, o Auditorio de In.Cubo transfórmase no “Palco dos Soños”. O evento marca o peche do proxecto ES-Factory, unha iniciativa transfronteiriza que coloca o emprendemento cooperativo e de economía social no centro das decisións sobre o futuro da eurorexión Galicia e Norte de Portugal.
O evento denominado Foro de Financiamento “Emprender con Impacto”, está organizado por InCubo Alto Miño, estando destinado e orientado a cooperativas e proxectos de economía social acelerados na Rede de Aceleradoras ES-Factory, entre a que está a Aceleradora EspazoCoop-Impulsa da Unión.
«EspazoCoop-Impulsa» Aceleradora de proxectos de economía social
Dos servizos de mentoría, formación e busca de financiamento da Aceleradora de EspazoCoop beneficiáronse seis emprendementos de cooperativas galegas, Miudiño (xogo e cultura na infancia), 13 Grados (educación ambiental e divulgación do medio mariño), Arela Saúde (nutrición e dietética), Enraizando (servizos sociais, asistenciais e sanitarios a domicilio), A Milpa do Salnés (producción ecolóxica, formación e investigación) e Árbore Arqueoloxía (servizos de arqueoloxía).
As cooperativas participaron nun itinerario orientado a poder desenvolverse máis rápido, para consolidar as súas iniciativas dun xeito viable, sostible, e co acompañamento adecuado, sendo as mesmas parte dos sectores estratéxicos nos que se centra ES-Factoy: a economía verde, azul, laranxa, amarela e prateada. Dende a aceleradora de EspazoCoop impulsáronse distintas actividades coas cooperativas seleccionadas :
- Comedores felices senior (Arela Saúde – A Coruña)
- Espazo de turismo patrimonial (Árbore Arqueoloxía – Allariz)
- Fogar compartido de transición e apoio (Enraizando – Ribeira)
- Xardíns terapéuticos (Miudiño – Vigo)
- O mar 360º (13 Grados – Vigo)
- Obradoiro de tortitas (A Milpa do Salnés – Meaño)
EspazoCoop-Impulsa pertence a unha Rede de cinco aceleradoras no espazo transfronteirizo, que favorece as relacións, a colaboración e o traballo en rede en Galicia e o Norte de Portugal, por tanto, a participación no Foro de Financiamento é unha actividade máis do conxunto do proxecto.
Por que asistir ao Foro de Financiamento de In.Cubo?
O vindeiro 21 de maio poderás poñerte a proba, recibir consellos e realizar intercambio, facer networking abrindo novas conexións no ecosistema da economía social, e optar a premios!
O evento contará cun Marketplace, exposición de prototipos e interacción entre as emprendedoras o xurado e o público asistente. Con exposición de proxectos inspiradores, tamén un Pitch Showcase, presentacións relampo de cada proxecto, enfocado no impacto visual e emocional (sen preguntas), e tamén unha sesión de Speed Dating de Investimento, roldas de consultoría e avaliación, análise de plans de negocio e métricas co xurado.
Despois da Mesa Redonda do Xurado na que se debaterá sobre os proxectos e se darán consellos de viabilidade anunciarán os premiados. A puntuación final comporase de dúas vertentes avaliación técnica do xurado e votación do público.
Neste contexto, EspazoCoop participará como xurado dos proxectos que se inscriban no Foro, no mesmo outorgaranse premios de apoio financeiro e incentivos aos mellores proxectos:
- 1º premio 1.000,00 €
- 2º premio 750,00 €
- 3º premio 500,00 €
Contará co incentivo dun contrato de mentoría e incubación con In.Cubo para os 5 primeiros clasificados.
En definitiva, un espazo para seguir aprendendendo, crecer como empresa, e conectar con outros proxectos e profesionais.
Onde será ?
FORO DE FINANCIAMENTO “EMPRENDER CON IMPACTO”
21 de maio 2026 no Auditorio de In.Cubo en Arcos de Valdevez (Portugal) | De 14 a 18 h.
Inscricións e contactos
Para Emprendedoras (Inscrición de proxectos) – Prazo: Ata 11 de maio de 2026
• Formulario: https://forms.gle/jEgkpx6yGzkvm94R7
• Envío de materiais: Envía o teu logotipo a info@incubo.eu
Para Participantes (Público e “Investidores por un Día”) | Prazo: Ata 18 de maio de 2026
• Formulario: https://forms.gle/ikhNnDvPid3mpnxx5
Programa
Programa do evento ES-Factory, FORO DE FINANCIAMENTO “EMPRENDER CON IMPACTO”:
Programa Foro de Financiamento, Es-Factory (PT)
Programa Foro de Financiamiento, Es-Factory (ES)
*Foto: Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega e titora de EspazoCoop (Mentoría da Aceleradora EspazoCoop-Impulsa de ES-Factory)

Leave A Comment