A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a colaborar coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea na organización do Encontro Galego-Portugués “A colaboración en rede na promoción do cooperativismo e a economía social: a Rede Eusumo”, que se celebrará o día 27 de maio na Aula UNED de Tui.

Este encontro ten como obxectivo o fortalecemento da colaboración institucional e a intercooperación entre as entidades de economía social da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e incluirá charlas, degustación de produtos cooperativos e unha mostra de produtos e servizos das cooperativas da Eurorrexión.

Participará neste Encontro Galego-Portugués, entre outros axentes, entidades e cooperativas, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA.

Fai clic e accederás a información referida a este evento :

Cartel Encontro GP Eusumo

– Díptico Encontro GP Eusumo

Invitación Encontro GP Eusumo

As persoas interesadas en participar poden inscribirse cumprimentando o formulario electrónico aquí.  Así mesmo, poden realizar a inscrición ou contactar a través do teléfono + 34 678 759 079 ou no enderezo electrónico redeeusumo.divulgacion.ctb@xunta.es.

O prazo de inscrición no encontro remata o 23 de maio.