O Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da Universidade de Santiago pon en marcha o 28 e o 29 de outubro un seminario sobre os pormenores da utilización de cláusulas sociais na contratación pública para facilitar a participación de entidades de economía social.

A liña temática principal do seminario e o estudo da utilización de cláusulas sociais na contratación pública co fin de facilitar a participación das entidades de economía social e posibilitar unha maior efectividade no desenvolvemento das políticas públicas.

Estas xornadas, de carácter gratuíto, están enmarcadas na Programación da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo, co apoio da Xunta de Galicia.

Calquera persoa interesada pode inscribirse, antes das 14:00 horas do 26 de outubro, enviando unha inscrición gratuíta a cecoop-usc@gmail.com ou en persoa, na conserxería da Facultade. O prazo de inscrición finaliza o 26 de outubro.

Lugar – Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus Norte, Santiago de Compostela)
Datas – Mércores 28 (de 9:30 a 14:30 horas) e xoves 29 de outubro (de 10:00 a 13:20 horas).

Consultar programa premendo aquí

Fonte: Consello Galego de Cooperativas