A Cámara de Comercio de Ferrol desenvolve un Programa de Diagnose e Plans de Acción, para a mellora da competitividade das cooperativas, ante a crise. Inclúe formación presencial e titorización individualizada. Será do 2 de decembro ao 7 de febreiro de 2014.

As sesións de formación conxunta dous días á semana (de 18-21 h.) e a consultoría individual con cada cooperativa será a razón dunha consulta semanal, en día e hora a convenir segundo necesidades.

Destinatarias:  Cooperativistas e/ou xerentes de cooperativas, que requieran apoio e asesoramento especializado nas áreas de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía, Finanzas, Marketing, Comercial, Xestión de Procesos ou internacionalización.

Información e inscricións:

Cámara de Comercio de Ferrol. C/ María, 158 – Ferrol Tel: 981 333 165 Correo-e: formacion@camaraferrol.org

Consulta aquí o : PROGRAMA DE DIAGNOSE E PLANS DE ACCIÓN PARA A MELLORA DE COOPERATIVAS, ANTE A CRISE