A xa premiada cooperativa de traballo Máis Galicia, inaugura o seu esperado primeiro punto de venda na cidade de Vigo.

Nesta nova tenda a clientela pode atopar calidade, garantía de satisfacción e certificación de orixe en forma de viños, queixos, carnes ou mariscos entre outros.

Ademais disto, a cooperativa é pioneira na zona cunha máquina expendedora de leite.

Para descubrir estes e outros produtos, acoda á inauguración este vernes 29 de Novembro dende as 19:00 h., na Rúa  Salvaterra 9 (Barrio de Coia)