Estás sen emprego?. Queres coñecer as cooperativas? . Estades pensando en emprender un proxecto? .

Por que non emprender en grupo ?, coñece as cooperativas, e anímate a participar !.

UGACOTA imparte un obradoiro gratuíto no Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Ourense (Avda. da Habana, 30, 32003, Ourense). Preténdese ofrecer e divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social : o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer de primeira man as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.

A que esperas ? non quedes sen praza ! . Horario: matinal, 5 horas cada sesión.

Fai clic : Programa 

Fai clic: Inscricións 

Información : Telf. 981 57 55 78 E-mail: rosaab@ugacota.coop

Colaboran: Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo- Cámara de Comercio de Ourense