A Rede Eusumo aposta por mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas coa organización do obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa”.

A través deste obradoiro os participantes aprenderán a crear, deseñar e autoxestionar o seu propio Blog ou Website a través do manexo do software libre WordPress. Entre os obxectivos que se perseguen con este taller destacan:

·         Mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas.

·         Ordenar a identidade gráfica da cooperativa.

·         Homoxeneidade na representación visual da cooperativa.

·         Actualizar a imaxe.

·         Crear ou mellorar o posicionamento da cooperativa.

·         Abrir novos canles de comunicación a través de internet.

Está dirixido principalmente ás cooperativas, e se estrutura en dúas sesións que se celebrarán os días 27 e 28 de xaneiro, na Deputación de Pontevedra, nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia. Ambas sesións celebraranse en horario de tarde das 16:00 h. as 19:00 h., e serán impartidas de forma práctica e amena, xa que contarán cun ordenador propio para ir avanzando na creación do seu espazo dixital.

Contactar en:  teléfono 981558008 ou no enderezo info@eusumo.coop.

Para máis información, visite as web:

www.eusumo.coop – www.cooperativasdegalicia.com

Preme aquí: Difusión do curso (mailing)

Preme aquí: Díptico do curso