A Rede Eusumo en colaboración coa iniciativa Pont-Up Store, organiza sesións de Coaching Executivo para o Emprendemento. Será o xoves 22 de setembro en Pontevedra mediante sesións individuais nas que cada Grupo Promotor poderá analizar os aspectos clave para que poida consolidar o seu Proxecto.

Na sesión, que estará dirixida por Maximina Pereira, coaching executiva cunha ampla experiencia en asesoramento a proxectos empresariais, abordaranse as cuestións principais que haberá que ter en conta cando se inicia unha acción de emprendemento.

 

Descarga o documento completo de Introdución ao Coaching Executivo. 

E reserva a túa sesión de coaching aquí.

O lugar de celebración desta actividade será no  Vicerrectorado da Universidade,  Casa das Campás,  Rúa Filiberto 9-11, en Pontevedra.

 

Programa completo Pont-Up Store 2016