A Rede Eusumo impulsa un ciclo de obradoiros en xestión cooperativa dirixido a xestores/as e asesores/as empresariais:

A Rede continúa apostando polo cooperativismo mediante a oeganización dos obradoiros titulados “O Réxime Económico e fiscal das cooperativas: Particularidades na xestión económica e contable, e a súa estrutura organizativa”. Estas actividades están integradas no plan de actuación da rede para este ano 2014.

Os obradoiros realizaranse os días 4, 11 e 16 de decembro en Vigo, Pontevedra e A Coruña respectivamente, e pretenden dar a coñecer as particularidades específicas na xestión das cooperativas, facendo un percorrido por todos aqueles aspectos clave na xestión das mesmas. Búscase dar resposta ás dificultades coas que se atopan as persoas asesoras e xestoras empresariais, no asesoramento e orientación de proxectos cooperativos.

Celebraranse en horario de tarde de 16:00 h. a 20:00 h., e serán impartidos de forma práctica e amena, fomentando a interacción dos/as participantes. Serán impartidos por persoal docente da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA.

– Obradoiro en Vigo : Díptico e Cartel

– Obradoiro en Pontevedra : Díptico e Cartel

– Obradoiro en A Coruña : Díptico e Cartel

Inscrición:

– O obradoiro ten carácter gratuíto.
– Prazo de inscrición: ata o 3 de decembro de 2014 (Vigo), ata o 10 de decembro de 2014 (Pontevedra), ata o 15 de decembro de 2014 (A Coruña).
– Entregarase diploma de asistencia.

Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao ao telefono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.coop.

Para máis información:

Tlf: 981 55 80 08
info@eusumo.coop
www.eusumo.coop