Os vindeiros dias 19 e 20 de decembro Ugacota vai estar presente, en Santiago, no Iº Foro de Desenvolvemento Local organizado pola Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local AFIPRODEL

Afiprodel organiza co cofinanciamento da Diputación da Coruña este foro nun contexto de crise no que as administracións públicas, salvo excepcións contadas, veñen apostando por unha viabilidade baseada en fortes recortes e contraccións de investimentos e gastos que poñen en alerta a moitas das liñas de actuación relacionadas co estado de benestar e co emprego e desenvolvemento local.

En dúas sesións de traballo, o venres 19, de acceso restrinxido, e o sábado 20 de acceso libre, as persoas asistentes traballarán na consecución dos seguintes obxectivos:

– Promover a creación dunha rede temática internacional de Desenvolvemento Local que poña en contacto e cooperación aos profesionais, entidades e territorios.

– Analizar as repercusións nos AEDL do novo contexto normativo nas administracións locais e os efectos nas súas situacións laborais.

– Coñecer o novo plan de desenvolvemento rural de Galicia e boas prácticas executadas en anteriores plans da comunidade galega así como o papel dos AEDL local nos mesmos.

 

O Foro terá lugar no Centro Sociocultural Fontiñas, Rúa de Berlín, 13, Santiago de Compostela

Para consultar o programa do Foro, prema aquí.

A asistencia é gratuíta previa inscrición. Para inscribirse, prema aquí.