A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria de

BOLSAS DE APOIO Á MELLORA

EN COOPERATIVAS E ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL (ES)

Dirixida a persoas desempregadas con estudios na área empresarial, convócanse 7 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa ou entidade de ES durante 4 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.

Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa ou organización de ES. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa ou entidade de ES, apoiando as súas necesidades e demandas.

As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.

Convocatoria 2019 preme aquí

Cartel aquí

Prazo para candidatarse e solicitar unha bolsa: 3 de Marzo de 2019.

Localidades das bolsas: Redondela, Ourense, Ames, A Coruña e Santiago de Compostela.

Convoca: EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas.

As Bolsas de Apoio á Mellora en Cooperativas e entidades de Economía Social están enmarcadas no programa de actuación 2019 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.