A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria de
BOLSAS DE APOIO Á MELLORA
EN COOPERATIVAS E ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL (ES)
Dirixida a persoas desempregadas con estudios na área empresarial, convócanse 7 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa ou entidade de ES durante 4 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa ou organización de ES. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa ou entidade de ES, apoiando as súas necesidades e demandas.
As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.
Convocatoria 2019 preme aquí
Cartel aquí
Prazo para candidatarse e solicitar unha bolsa: 3 de Marzo de 2019.
Localidades das bolsas: Redondela, Ourense, Ames, A Coruña e Santiago de Compostela.
Convoca: EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas.
As Bolsas de Apoio á Mellora en Cooperativas e entidades de Economía Social están enmarcadas no programa de actuación 2019 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.