Accións formativas de EspazoCoop
[ XUÑO ]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa para Xuño de 2021 ofrecendo 4 actividades. Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.
Son gratuítos, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso.
- Contabilidade cooperativa – nivel pro, supostos | 20 h. | Inicio 11 de xuño
- Lánzate a emprender en cooperativa (Avanzado) | 40 h. | Inicio 15 de xuño
- Ideas cooperativas en acción | 40 h. | Inicio 22 de xuño
- Pílula formativa: Comercial | 5 h. | Inicio 28 de xuño
Como é a nosa modalidade de teleformación?:
O tempo de estudo de cada curso está conformado con diferentes modalidades e obxectivos:
- Hai unhas horas que son as sesións virtuais de aprendizaxe: con data e hora determinada, que teñen unha duración de 90 minutos, para propiciar o traballo conxunto e colaborativo entre as participantes e para presentar determinados temas.
- Outras horas que serán as que utilices libremente como alumna/o para ler os contidos que estarán ao teu dispor na plataforma, na Aula virtual de EspazoCoop, para estudar materiais, revisar webgrafía, visionar os vídeos, realizar e enviar as tarefas que se piden no curso á persoa Titora, e revisar a súa retroalimentación.
- Un tempo que usarás e organizarás libremente para a participación nos Foros, Titoría coa docente e, finalmente, un tempo para a Avaliación final da formación.
Os cursos hai que completalos no marco do tempo das datas de inicio e fin indicadas para cada acción formativa.
Contabilidade cooperativa – nivel pro, supostos
| Do 11 ao 28 de xuño | 20 horas | 4 sesións virtuais de aprendizaxe.
Esta formación é para ti si queres coñecer máis afondo a contabilidade cooperativa a través de casos prácticos, si xa tés certos coñecementos na materia e queres alcanzar un nivel máis profesional.
Fai clic: Programa| Cartel | Inscrición
Lánzate a emprender en cooperativa
(nivel avanzado)
| Do 15 de xuño ao 14 de xullo | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.
Esta formación é para ti si queres coñecer e afondar no modelo cooperativo como fórmula do autoemprego colectivo: as características das cooperativas, as condicións e pasos a dar para emprender en réxime cooperativo, cales son as achegas sociais e económicas deste modelo, e para coñecer de primeira man experiencias reais de cooperativas en funcionamento.
Fai clic: Programación| Cartel | Inscrición
Ideas cooperativas en acción
(nivel avanzado)
| Do 22 de xuño ao 21 de xullo | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.
Esta formación é para ti si queres coñecer desde un punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa, e se queres coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable, elaborando conxuntamente o prototipo do noso proxecto, e avaliando os requisitos e compromisos como grupo promotor.
Fai clic: Programa| Cartel | Inscrición
Pílula formativa: Comercial
| Do 28 de xuño ao 4 de xullo | 5 horas | 1 sesión virtual de aprendizaxe.
Esta formación é para ti si queres afondar no xeito no que poderemos reactivar a nosa cooperativa no ámbito Comercial. Que aspectos debemos ter en conta, cales son os pasos a dar, que cousas mudaron e están a mudar no xeito que teñen as nosas potenciais persoas consumidoras e clientela de actuar e consumir neste momento. Aproveitaremos a sesión virtual de aprendizaxe para poñer en común e experimentar con ferramentas que nos axudan neste labor.
Fai clic: Programa| Cartel | Inscrición
[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia. Tamén están no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.]