[Almorzo cooperativo]

Sector Cultural

 

 

O xoves 25 de Marzo ás 09.30 h. a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra un Almorzo Cooperativo Virtual para o Sector Cultural, destinado a cooperativas e entidades de economía social, con preferencia para ás cooperativas socias de EspazoCoop con actividade neste sector.

Trátase dunha sesión informativa e de intercambio de dúas horas de duración, de 09.30 a 11.30 h. que servirá para :

– Desenvolver un Encontro Telemático ao redor das particularidades e iniciativas das cooperativas e organizacións de economía social do sector cultural, especialmente das socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

– Servir ás socias que participen na presentación e abordaxe de iniciativas, proxectos, colaboracións, ou necesidades neste sector. Promovendo ao mesmo tempo a intercooperación.

EspazoCoop prestará o seu soporte dinamizador para aglutinar ao grupo de cooperativas para conectalas, apoialas e canalizar as súas inquedanzas.


Organiza e convoca: Unión de Cooperativas EspazoCoop  


Esta actividade enmárcase na programación 2021 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.