Aceleradora #impulsocoop

[Encontro, 05/10] 

 

No marco da Aceleradora #impulsocoop da Unión de Cooperativas, o 5 de outubro celebramos un Encontro online, de 9.30 a 11.30 h., baixo o título “Intercooperamos para impulsar a nosa Cooperativa”, aberto tanto ás 10 cooperativas socias beneficiarias da Aceleradora, como a outras cooperativas de recente constitución interesadas.

 

A través da ACELERADORA buscamos fomentar o crecemento de cooperativas de recente creación, a posta en común de necesidades e recursos, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas entre as cooperativas que participan no programa, compartindo recursos, readaptando actividades, establecendo alianzas, e todo aquelo que preste apoio ao crecemento das novas cooperativas.

 

Os ENCONTROS que se realizan no marco da Aceleradora permiten o intercambio, a posta en común, o establecemento de relacións, e a creación de comunidade e redes.

#Impulsocoop conta ademais no seu Plan de Traballo con outras accións para cubrir os obxetivos de evolución das novas cooperativas, mediante actividades de Formación e de Asesoramento a medida de cada cooperativa.

[ Encontro do 5 de outubro de 2022 – de 9.30 a 11.30 h.] 

  • Dirixido a cooperativas socias de EspazoCoop participantes na Aceleradora #impulsocoop.
  • Online a través de Zoom.
  • Programa: aquí – “Intercooperamos para impulsar a nosa Cooperativa”.
  • Cartel: aquí
  • Inscrición: aquí

 


Este programa enmárcase:
– na Programación 2022 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social do Goberno de España.
– no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) convocado por Cepes e financiado polo FSE.