A cooperativa é para nós?
[curso en liña]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Deputación Provincial da Coruña están colaborando no marco do convenio asinado este ano para realizar un Itinerario de Emprendemento Cooperativo destinado á cidadanía da provincia coruñesa.
O Itinerario está conformado por tres actividades e servizos para impulsar o modelo empresarial cooperativo no ámbito territorial da provincia da Coruña: unha xornada de difusión, un servizo de asesoramento e acompañamento a proxectos cooperativos, e un curso de teleformación sobre cooperativas.
A través deste programa preténdese ademais, detectar oportunidades para a actividade económica dende a vía cooperativa.
Folleto do Itinerario de Emprendemento Cooperativo, neste enlace
Teleformación | A cooperativa é para nós?
Este curso en modalidade de teleformación está previsto que se realice do 22 de novembro ao 15 de decembro, e ten unha duración de 20 horas.
Destinado a persoas en proceso de acceder ao mundo laboral a través do emprendemento colectivo, a grupos promotores de empresas cooperativas, profesionais autónomas (interesadas en agruparse), persoas e colectivos do tecido sociocomunitario interesadas en compartir servizos, recursos, investimentos, etc., a través do emprendemento cooperativo.
Contará co seguinte programa:
Módulo 1 | O emprendemento cooperativo
Módulo 2 | Características das empresas cooperativas
Módulo 3 | A organización na cooperativa
Módulo 4 | Pasos para a constitución da cooperativa – Presentación dunha experiencia cooperativa en funcionamento.
O curso consta de 2 sesións, virtuais de aprendizaxe, por videoconferencia en directo (o 23 de novembro e o 13 de decembro, de 11 a 12.30 h.)
Fai clic en: CARTEL — PROGRAMA “A COOPERATIVA É PARA NÓS?” — INSCRICIÓN
Contacto: 881 887 456 – patane@espazo.coop
[Esta actividade está dentro da programación do Convenio de Colaboración 2022 entre a Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.]