Cooperativas de Plataforma Dixitais

Curso online para promover a economía dixital cooperativa con inicio o 21 de Novembro 2022

O Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global.

 

 

 

[ Quen impulsa esta acción formativa especializada? ]

O curso online sobre Cooperativas de Plataformas Dixitais está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy.

Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social).

Xa participaron 1.350 persoas de 63 países nas súas edicións previas que xeraron 300 iniciativas. Esta 5ª edición busca introducir e desenvolver ideas de plataforma cooperativas e inicia o 21 de novembro e finaliza o 28 de febreiro de 2023. Para facilitar ás persoas interesadas no curso que conten con información de primeira man e resolvan as dúbidas sobre esta formación realizarase un:

Webinar de presentación o 14 de Novembro, de 18 a 19 h.  Inscribirse aquí . Tamén pódese consultar o necesario contactando con EspazoCoop.

 

Web de Mondragón, con información do curso: nesta ligazón

Datas das próximas edicións:

  • 5ª edición do Curso | Do 21 de novembro de 2022 ao 28 de febreiro de 2023.
  • 6ª edición do Curso | De marzo a xuño de 2023.

>>> Matrícula á 5ª edición do Curso aquí

[ Que son as Cooperativas de Plataforma? ]

As cooperativas de plataforma pretenden ofrecer unha alternativa ás economías e os negocios de plataforma dixital. Os seus obxetivos: crear traballo digno, estruturas de traballo e de decisión horizontais, tecendo redes, basadas na copropiedade e a cogobernanza.

[ Exemplos da Boa Economía Colaborativa: que iniciativas hai en marcha como cooperativas de plataforma? ]

Para que as valores e te inspires, aquí amosamos algúns exemplos de Cooperativas de plataforma:

CoopCycle  Xestión de entregas en bicicleta. Plataforma europea de software libre para ciclomensaxería, adicada unicamente a cooperativas para a xestión de entregas en bicicleta.

Som Movilitat proxecto que xestiona a movilidade en coche eléctrico.

Fairmondo mercado en liña para bens e servizos éticos (en Alemaña e Reino Unido)

Stocksy cooperativa adicada á fotografía de stock.

[ Descrición do Curso: COOPERATIVAS DE PLATAFORMA XA! ]

Estes últimos anos a crise do emprego digno e emancipador foi en aumento en todo mundo, o seu impacto social e económico non é o mesmo para todas as persoas afectadas. Os sectores do turismo, a educación, a arte, a loxística, o transporte, a tecnoloxía … e sobre todo o colectivo de traballo temporal e pouco regulado así como os colectivos xa castigados de ingresos baixos, en risco de exclusión, a clase traballadora e as persoas migrantes, son as que máis están a sufrir.

A franxa social alárgase, a diferenza de salarios crece, a confianza nos gobernos volve cambalearse e máis e máis persoas ven o nacionalismo e o populismo como posible resposta. As persoas traballadoras perden poder sobre as súas propias vidas.

Que facemos ante esta situación? Como poden as persoas traballadoras retomar o control, organizarse e participar na construción dunha sociedade máis humana e xusta? A historia dinos que son os momentos máis adversos os que abren portas á creación de solucións outrora imposibles como o New Deal na Gran Depresión.

As Cooperativas de Plataforma poden xerar empregos de calidade a escala, xa!, e é que nun momento no que as grandes tecnolóxicas están a crecer de maneira alarmante, este curso non pretende soamente analizar a contorna, senón prover de ferramentas ás persoas emprendedoras para xerar cooperativas de plataforma.

Ademais, busca que as persoas participantes pasen a ser parte dunha rede global de persoas comprometidas co cambio, xa sexa desde o emprendemento, así como desde a investigación ou o desenvolvemento de políticas.

O cambio cara a unha economía realmente humana, inclusiva, xusta, de propiedade compartida e xestión democrática é posible.

O curso está composto por 2 partes:

  • A primeira de catro módulos, ten como propósito xerar consciencia sobre o capitalismo de plataforma e dar a coñecer o modelo de traballo asociado.
  • A segunda consta de dez módulos, onde baseados na metodoloxía de Mondragon Team Academy vívese unha experiencia de aprendizaxe en equipo, traballando desde un concepto ata desenvolvemento, testeo e presentación de proxectos de emprendemento.

O curso ten unha dedicación estimada de 66 horas en total.

[ APÚNTATE  ]

O Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global.

>>> Matrícula ao curso aquí

Contacta para obter máis información ou resolver dúbidas a través da Unión de Cooperativas EspazoCoop, telf. 986 866 149 e email teresa@espazo.coop


[ Destinatarias]

Para aquelas persoas que:

– Queiran deseñar e prepararse para lanzar a súa cooperativa de plataforma.
– Persoas socias ou participantes en cooperativas ou startups existentes que queiran transformar a súa empresa en cooperativa de plataforma.
– Están involucradas en desenvolvemento de políticas.
– Traballan con colectivos emprendedores ou estudantís.
– Teña curiosidade sobre como se pode crear unha plataforma dixital máis ética a través das cooperativas de plataforma facendo uso da metodoloxía learning by doing (aprender facendo).


[ Que se traballa? ]

– Desenvolvemento dunha idea e un plan de acción para unha cooperativa de plataforma en equipo.
– Un maior entendemento do capitalismo de plataforma e a gig economy.
– Aprendizaxe sobre o modelo de cooperativa de traballo asociado.


[ Prezo e duración do curso]

– O curso é completamente en liña e para os participantes do estado ten un prezo de 150 € , con todo, hai un prezo reducido de 40 €  porque búscase que o curso sexa o máis inclusivo posible e para aquelas persoas que poidan ter dificultades de acceso existe a opción de acollerse á matrícula reducida.
– Ao completar o curso recíbese un diploma expedido por Mondragon Unibertsitatea.
– É un curso de 14 semanas de duración.


[ Docencia]

A cargo do equipo docente de Mondragón, Escuela Andaluza de Economía Social, Florida Universitaria e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.


Tamén podes contactar con nós na UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP

Telf. 986 866 149 – email teresa@espazo.coop