No vindeiro mes de xaneiro a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA vai poñer en marcha a súa programación formativa do Contrato Programa Autonómico PF-2012/000016, asinado por UGACOTA e a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Este contrato programa enmárcase na Orde do 13 de setembro de 2012 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas. traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo; e polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta (DOG nº 176, do 14 de setembro de 2012).

O Plan de Formación da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar tanto a cualificación das persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e empresas galegas de Economía Social

Os cursos van dirixidos aos seguintes colectivos:

Traballadores/as en activo,  socias e socios traballadores e de traballo e persoas asalariadas de cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades de economía social  da Comunidade Autónoma de Galicia. Traballadores/as en activo doutro tipo de empresas. Persoas traballadoras actualmente en desemprego.

 

Para preinscribirte nos cursos do teu interese, preme na seguinte ligazón.

Se tes problemas co enlace, tamén podes inscribirte a través do correo electrónico: cooperativa@tagenata.com ou no teléfono 881939142

Para ver os programas dos cursos, preme aquí.