CEPES organiza a Xornada sobre “A Fiscalidade nas novas formas de Emprender na Economía Social” o próximo 19 de novembro, en Madrid, na sede da Escola de Organización Industrial, en sesión de mañá.
Na Xornada abordaranse os seguintes ámbitos:
- O cohousing en forma cooperativa.
- As cooperativas de emprendedores/as e o apoio ao emprendemento.
- A reciclaxe realizada por empresas sen ánimo de lucro.
- Cooperativas multiactividade centradas no territorio e áreas rurais.
Terá lugar no salón de actos de la EOI en Madrid, de 10 a 14 horas.
No programa máis información sobre todos os contidos: Programa Xornada Fiscalidade 2019
Como hai unha limitación de aforo, podedes formalizar a inscrición no seguinte link: https://forms.gle/uhhGAgwwU2M8oYJR8 antes do 12 de novembro.
A Unión de Cooperativas Espazocoop ten previsto asistir a esta Xornada sobre fiscalidade.