Programa CREANDO MELLORA

Dá nas teclas que importan: análise, planificación e xestión participada

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop ofréceche un recurso de carácter gratuíto: abre a convocatoria do Programa CREANDO MELLORA que se canaliza como un ‘programa de Bolsas para procesos de mellora nas cooperativas’ e entidades de Economía Social, un instrumento que brinda soporte para a consolidación de proxectos empresariais no sector cooperativo.

Dirixida a: cooperativas e outras entidades de economía social, con preferencia para cooperativas socias de EspazoCoop (carácter gratuíto), así como organizacións do tecido da economía social e solidaria de Galicia, en particular tamén do Foro pola Economía Social Galega ou REAS GALICIA, entre outras máis, que neste caso terían que cofinanciar.

Se sodes unha cooperativa ou entidade da economía social que quere mellorar e mesmo impulsar a área da xerencia, este programa pode interesarte. O recurso permitirá contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 6 meses, para realizar un plan de mellora e  funcións xerenciais na vosa organización.

Se non contades con persoal cualificado e específico para desempeñar a xestión empresarial e directiva da vosa organización esta pode ser unha oportunidade. Solicita unha bolsa ata o luns  18 de novembro de 2019.

Contar cunha persoa bolseira permite analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da organización, e o fará co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, en coordinación coa cooperativa ou entidade de economía social e adaptándose ás necesidades e demandas desta.

Folleto divulgativo, aquí

 

Descargar:  Bases da convocatoria CREANDO MELLORA

Descargar: Solicitude CREANDO MELLORA

Acceder ao Formulario en liña, de cumprimentación obrigatoria para as entidades solicitantes do programa:

Formulario CREANDO MELLORA

 

As Bolsas do programa CREANDO MELLORA son unha ferramenta de utilidade nunha organización de economía social

O recurso das Bolsas ten amosado que é unha ferramenta de utilidade, as entidades que xa participaron consideraron moi positiva a experiencia, tanto o apoio que deu aos seus proxectos e á súa actividade económica, como os resultados do traballo feito polas persoas bolseiras, contribúen a esa valoración.

A diagnose feita para a organización, as propostas de mellora que se plantexaron, incluso que se levaron a cabo, así como a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. O balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.

Máis información e consultas: roberto@espazo.coop | 986 866 149

*Este Programa realízase no marco da Programación 2020 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

CONVOCA: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.