Suma os teus aforros con Coop57
É fácil. É transformador. É necesario
Coop57 lanza a Campaña de aforro << Suma con Coop57 >>. A cooperativa, Coop57, é unha ferramenta financeira ética e solidaria que canaliza o aforro da xente para financiar proxectos transformadores que promoven unha economía ao servizo das persoas.
Un gran reto
En Coop57 temos un gran reto. Necesitamos sumar máis: máis socias e máis recursos para continuar fortalecendo xuntas a economía social e solidaria.
Sabemos que é un desafío importante e necesitamos da vosa implicación. En Coop57, as cousas só as sabemos facer entre todas. Cómpre que máis persoasvinculen os seus aforros ás finanzas éticas e á transformación social.
Nos últimos cinco anos temos financiado iniciativas de vivenda cooperativa, proxectos feministas, de transición enerxética e mobilidade sostible, de loita contra a exclusión social, de atención a persoas e colectivos vulnerables, ecoloxistas, antirracistas, agroecolóxicas, proxectos de ámbito rural arraigados ao territorio, odesenvolvemento comunitario, a cultura, a educación, entre moitas outras.
O crecemento da base social de Coop57 e das novas achegas non o fixo ao mesmo ritmo que o fixeron os proxectos da economía social e solidaria.