Encontro profesional: “Como facer máis accesible a cultura?”

O vindeiro xoves 17 de novembro, no Centro Ágora da Coruña, terá lugar a xornada formativa “Como facer máis accesible a cultura?”.

Este encontro profesional, organizado por BenCuriosa (entidade galega da economía social), está dirixido a profesionais do sector cultural e a calquera persoa interesada nunha cultura máis accesible. Permitirá coñecer, de primeira man, a realidade de diversos colectivos de persoas con discapacidade, as barreiras que atopan no seu acceso á cultura e as medidas específicas de accesibilidade existentes.

A xornada comezará pola mañá cunhas conversas con persoas referentes na accesibilidade, e continuará pola tarde cun enfoque práctico, para coñecer e probar medidas que se poden aplicar nos espazos e proxectos culturais. Ademais da aprendizaxe, vaise favorecer a conexión entre profesionais do sector cultural e expertas/os en accesibilidade de diferentes entidades sociais.

A inscrición pode realizarse ata o 14/11 e ten un custo de 60 €, sobre a que as persoas de cooperativas socias de Espazo Coop contan cun desconto do 50% (30€). Inclúe un diploma certificando a formación (9 horas), o servizo de pausa-café, un xantar común con produtos de comercio xusto e un petisco final amenizado con música inclusiva.

Toda a información do programa e o formulario de inscricións está dispoñible en: https://bencuriosa.gal/xornada-cultura-accesible/

Quedamos á vosa disposición e agardamos o voso interese nesta formación, que busca avanzar cara unha cultura máis accesible para todas as persoas.

Sergio Lago  | Tlf. 600533461