Novas cooperativas socias
Damos a benvida a 3 novas cooperativas que veñen de incorporarse como socias á Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Para dalas a coñecer publicamente e entre as demais socias, presentámolas brevemente e reseñamos os seus espazos na rede.
ALCRIQUE
Tipoloxía: cooperativa de traballo asociado xuvenil. Lugar: Tomeza (Pontevedra). Actividade: realizan as seguintes actividades:
- Produción agrícola e gandeira, incluíndo a produción orgánica, en superficies a ceo aberto ou en invernadoiro.
- Comercialización de produtos hortofroitícolas, confituras e herbas aromáticas para infusionar.
- Asesoramento e consultoría técnica.
Web: http://alcriquedaterra.com
SALGUEIRIÑOS DE CONSUMO
Tipoloxía: cooperativa de consumo. Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña). Actividade: ten por obxecto a procura de bens e servizos para o consumo das súas socias-os e das persoas das unidades familiares coas que convivan.
As actividades que desenvolve, dirixidas a satisfacer necesidades de consumo, abarcan dende a procura de bens e servizos didácticos, culturais, de ocio e tempo libre, ata a de artigos de consumo, uso, vestido, mobiliario e demais elementos propios da economía doméstica nas mellores condicións de calidade, información e prezo.
Tamén conta, entre os seus obxectivos, a defensa e promoción dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o fomento do consumo responsable e sostible e a promoción do cooperativismo e outras fórmulas de economía social.
MIUDIÑO
Tipoloxía: cooperativa de traballo asociado. Lugar: Vigo (Pontevedra). Actividade: realiza actividades nestes campos:
-
Promoción cultural
-
Fabricación de xoguetes
-
Editorial
-
Educación non formal
Esta cooperativa de traballo asociado ubicada en Vigo conta ademais cunha Tenda en liña.
Web: https://miudinho.gal
>> Lembra que podes coñecer máis cooperativas socias, coas que intercooperar ou colaborar, no Directorio de Cooperativas da web de EspazoCoop.