Informe de actividade da Rede Eusumo 2018

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.

A Rede está integrada por diversas organizacións, entidades e empresas, entre elas, as asociacións de cooperativas son parte fundamental dese grupo de entidades colaboradoras, por elo na Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop vimos mantendo un compromiso forte realizando diversas accións como socias da Rede Eusumo dende a súa creación, en concreto, en 2018 destacamos as accións de asesoramento, formación, divulgación, a creación e presentación do Foro pola Economía Social Galega, ou a participación na Estratexia Galega pola Economía Social. 

A Rede Eusumo ven de publicar o Informe de Actividade do ano 2018, no que se dá conta de todo o traballo feito polo conxunto das organizacións da Rede, e no que poderedes consultar o seguinte contido:

1. A economía social en Galicia en cifras
2. Que é a Rede Eusumo
3. Quen forma parte da Rede
4. Que é o que facemos
5. As axudas para o fomento da economía social en Galicia
6. Os premios
7. Os destacados na economía social en Galicia como o Mes do cooperativismo, o Foro pola economía social en Galicia e a I Extratexia galega de economía social
8. Resumo dos resultados alcanzados no 2018

Prema aquí para acceder ó informe de actividades.

(Fonte web Rede Eusumo)