Novas cooperativas socias 



Presentamos novas socias de EspazoCoop de recente incorporación. Deixámosvos a súa referencia para coñecelas un pouco, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, para intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para outras relacións profesionais.

 

 

ALÉN |  Solucións en economía circular e sustentabilidade.

A cooperativa ofrece solucións en economía circular e sustentabilidade ás diferentes organizacións do
tecido económico e social galego, como vía para mellorar a súa competitividade, disminuíndo o impacto ambiental e integrando a perspectiva social nos proxectos.

As súas 4 liñas de negocio son:

– Consultoría enfocada á diagnose e análise, desenvolvemento estratéxico, e proxectos de innovación, ofrecendo servizos tales como: análise de circularidade, integración de estratexias circulares nos modelos de negocio, simbiose industrial, ecodeseño, análise de ciclo de vida, medición de pegada de carbono, ou a integración da Responsabilidade Social Corporativa (análise de grupos de interese e materialidade, desenvolvemento de políticas internas, reporting, medición de impacto, certificacións…).

– Divulgación e formación sobre sustentabilidade e economía circular para facilitar a transición cara modelos circulares en formato de cursos, charlas e webinars.

– Investigación e innovación desenvolvemento métodos, modelos e mecanismos en cooperación con universidades e organizacións, e mentorizando novos proxectos de innovación.

– Incubación de proxectos ó abrigo da cooperativa, xerando novos modelos de negocio que den solución a retos sociais e ambientais que pola súa natureza non poderían ser resoltos por entidades ailladas.

Para ALÉN a economía circular plantexa novos modelos de producción e consumo. Está baseada na natureza na que, por definición, non existe o concepto de residuo, xa que é rexenerativa por deseño. Inspirándonos neste modelo, o obxetivo de ALÉN é acelerar a integración da economía circular nas organizacións e estruturas sociais como vantaxe competitiva, acelerando a transición cara un futuro sustentable, demostrando que a economía circular é unha alternativa moito máis rentable que o sistema lineal predominante (extraer-producir-consumir-tirar), no que o valor dos materiais e produtos se perde na súa fase de fin de vida.

 

Son unha cooperativa de traballo ubicada en Oleiros (A Coruña).

Web: http://www.alenlab.com


 

SHANTAVIRA | Ofrece clases para la práctica do Ioga, Chikung, Meditación, Pilates, Relaxación, Flores de Bach, Kinesioloxía, Reflexoloxía, e Terapias Manuais Integrativas.

SHANTAVIRA ademais venden roupa sostible, cosmética orgánica e artesanía.

Trátase dunha cooperativa de traballo da cidade da Coruña.

Facebook: https://www.facebook.com/shantavira.coop

Web: http://shantavira.com


 

PRAXXIS INCLUSIÓN | A cooperativa realiza traballos no ámbito dos servizos sociais para mellorar a calidade e condicións de vida das persoas con discapacidade, así como para a súa inclusión, xa sexa social, laboral, cultural, educativa ou económica, considerada de forma individual e colectiva.

PRAXXIS INCLUSIÓN fan actividades de deseño especializado: deseños accesibles, deseño para todas e todos da accesibilidade universal, deseño de modelos triple balance, mentoring de persoas emprendedoras con necesidades especiais, así como actividades recreativas e de entretemento.

Son unha cooperativa de traballo ubicada en Perbes, Concello de Miño (A Coruña).

Web: http://www.praxxis.gal

 


Fai clic : CAMPAÑA #SUMACOOPS