// Campaña SUMA COOPS // Grazas a sumarte, somos a maior unión de cooperativas en Galicia 

A finais deste ano 2020 EspazoCoop cumprirá catro anos. Cando comezamos o noso camiño lanzamos a campaña SOMOS COOP para visibilizar o papel que as cooperativas xogades na construcción dun mundo mellor a partir dos valores e principios que representades na economía. Somos Coop tamén buscaba e busca ofrecer o sentido de pertenza á gran familia cooperativa e a un novo espazo de representación, de intercooperación e consolidación, e de promoción cooperativa, a Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Hoxe somos a organización representativa do cooperativismo con maior número de socias en Galicia (200 cooperativas de tódolos sectores de actividade). A finais de 2020 queremos ser 300 COOPERATIVAS SOCIAS, e para conseguir este obxectivo precisámoste como aliada. As cooperativas socias sodes a mellor carta de presentación para outras cooperativas que aínda non son parte da Unión. Se coñeces algunha #SUMACOOPS!

É importante crecer e ser máis, porque a capacidade representativa e de negociación que acadamos, a visibilidade do cooperativismo, a posibilidade de ofrecer actividades e servizos de interese, ten relación directa coa fortaleza da nosa base social, así que, pasa tamén por aglutinar ás cooperativas galegas que existen na comunidade.

Como colaborar coa Campaña?

– Podes contar nas redes sociais as virtudes e beneficios que che reporta estar en EspazoCoop, emprega as imaxes da campaña -que aparecen ao final desta comunicación-, emprega o hastag #sumacoops, etiquétanos, e usa outros elementos que consideres positivos para animar a outras a asociarse.

– Cando coincidas con cooperativas non asociadas, na comunicación persoa a persoa, fala de nós, emprega o boca a boca en eventos que participes, en relacións profesionais e comerciais que teñas, etc.

Ademais, sumar a outras cooperativas á Unión TEN PREMIO. A cooperativa socia que máis cooperativas sume será recoñecida mediante un premio á intercooperación que se entregará nas asembleas anuais e se fará público en medios comunicativos.

Na base de datos de socias iremos rexistrando o número de cooperativas que cada quen acada pola súa labor recomendadora.

Anímaste?
Súmate á campaña, recomenda EspazoCoop.
#SUMACOOPS

GRAZAS A VÓS SOMOS A MAIOR UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGA

INFORMACIÓN Como asociarse? >>>

IMAXES DA CAMPAÑA

SUMA COOPS – Imaxe-logo

 

SUMA COOPS – Comunidade de máis de 200 empresas cooperativas

 

SUMA COOPS – Apoiamos teu proxecto para crecer

 

SUMA COOPS – Defender e representar ás socias

SUMA COOPS – Imaxe e Suma Coops