Novas cooperativas socias
Presentamos novas socias de EspazoCoop de recente incorporación. Deixamos a súa referencia para coñecelas un pouco, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, para intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou en relacións profesionais.
LENTO | É unha panadaría e pastalaría do municipio de Negueira de Muñiz.
En concreto adícanse á:
– Elaboración e venda de produtos de panadaría e repostería ecolóxicas.
– Impartición de cursos para elaborar pan e repostería.
– Venda doutro tipo de alimentos.
Son unha cooperativa de traballo asociado con sede no lugar de Ernes 25 de Negueira de Muñiz (Lugo).
GADAVEN | É un bar que se ubica na cidade da Coruña.
Trátase dunha cooperativa de traballo coas instalacións na rúa Someso 7 baixo da Coruña.
13 GRADOS | Adícanse á educación ambiental, a actividades deportivas e á produción e comercialización de produtos divulgativos, todo elo vinculado coa conservación do medio mariño:
– Educación ambiental a través de obradoiros, aulas formativas e exposicións, centradas especialmente na divulgación das características, biodiversidade e conservación do medio mariño.
– Actividades deportivas orientadas á divulgación e educación ambiental do medio mariño, como mergullo, snorkel e similares.
– Elaboración e comercialización de produtos relativos á divulgación da biodiversidade e conservación do medio mariño.
Son cooperativa de traballo e están en Vigo.
Web: www.13grados.com
O ALCOUVE DA MOURA | Agricultura ecolóxica con ámbito de traballo nos concellos miñotos do Rosal e a Guarda, e centrados na posta en valor do entorno a través da producción e comercialización de alimentos ecolóxicos.
Son unha cooperativa de traballo asociado con sede A Guarda (Pontevedra).
A TOBEIRA | É unha nova libraría e espazo cultural na cidade da Coruña.
Son cooperativa de traballo e a súa sede na rúa Merced 24 baixo da Coruña.
BICADA VITIVINÍCOLA | Fan actividades e servizos vitícolas, como a elaboración de viño e a formación en vitivinicultura na comarca da Ribeira Sacra.
Trátase dunha cooperativa de traballo asociado con sede no concello de Sober (Lugo), na parroquia de Barantes de Arriba 19.
COMPARTE GALICIA | Co nome comercial de Dagga CBD comercializa cáñamo e produtos derivados, dende a base das propiedades beneficiosas desta planta e sempre cumprindo cos estándares legais e de calidade que exixen as normativas Española e Europea. Os produtos contan con análises que verifican a súa viabilidade. Fan un traballo continuo de investigación de mercado para ofrecer a mellor calidade.
É unha cooperativa xuvenil con sede en Betanzos (A Coruña).
LABRECOS | Adícanse á horticultura e á gandeiría en ecolóxico no lugar de Dordaño no municipio de Cesuras (A Coruña), forman parte da reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Son unha cooperativa xuvenil.
Fai clic : CAMPAÑA #SUMACOOPS