[ Programa mellora empresarial da Economía Social ]

Concello de Santiago de Compostela

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago poñen en marcha o ‘Programa Mellora Empresarial da Economía Social’ que se desenvolverá ata final deste ano 2020.

Ante a crise da covid19 este programa propón actividades que permita dotar as cooperativas da área de Compostela, de servizos de formación, asesoramento e acompañamento especializado, que axuden a minimizar o impacto, resolver as principais cuestións laborais, xurídicas, económicas, organizativas e comerciais, na fase post-pandemia, así como darlles apoio naquelas cuestións que lles permitan capear esta crise, tratando de evitar no posible peche de empresas cooperativas e conquerir o mantemento do emprego.

Finalidade e obxectivos do Programa:

– Mellorar a capacidade de resistencia das cooperativas, diante dos impactos e consecuencias derivadas da crise do Covid19, impulsando medidas que permitan garantir a súa supervivencia.
– Acompañar aos órganos directivos e consellos reitores para que podan asumir con garantías o seu papel de goberno e xestión neste entorno de incerteza, facilitando contidos formativos e información xurídico-legal, económico-fnanceira, planeamento e previsións, recursos a disposición, etc.
– Impulsar a transferencia de coñecementos, experiencias, metodoloxías e boas prácticas entre as cooperativas que participen no programa, en orde a compartir recursos, readaptar actividades…
– Facilitar contidos formativos e ferramentas específcas de xestión, repositorios, bases de datos legais, de autodiagnose, teletraballo e reunións virtuais que podan contribuir a paliar os efectos da crise.

O Plan de Traballo contempla dúas accións:

1| Asesoramento e acompañamento.

2| O curso de teleformación: Dirixir en tempos de crise.

Folleto || Fai clic, Folleto informativo do Programa



[ Liña: Asesoramento ]

Realizaranse labores de asesoramento e acompañamento en función das necesidades específicas e individuais das cooperativas e de acordo coas súas prioridades.

– Información legal nos ámbitos laborais, fiscais, xurídicos, etc., derivados da crise do Covid19.
– Analizar as consecuencias e establecer medidas paliativa na área comercial e de mercado.
– Analizar as consecuencias e establecer medidas paliativas na área organizativa.
– Analizar as consecuencias e establecer medidas paliativas na área económica e fnanceira.
– Elaborar, planifcar e poñer en marcha estas medidas atendendo as boas prácticas e os recursos compartidos doutras cooperativas.

 



[ Liña: Formación ]

Obradoiro de Teleformación: Dirixir en tempos de crise, como complemento ás actividades de acompañamento, levarase a cabo unha edición do Obradoiro de Teleformación: ‘Dirixir en tempos de crise’ de 40 horas de duración para 25 persoas. Do 4 de novembro ao 12 de decembro 2020, con 3 sesións virtuais de aprendizaxe: o 4 e 18 de novembro, e o 4 de decembro. As sesións de aprendizaxe terán unha duración de hora e media cada unha.

Obxectivos do curso:
– Facilitar formación aplicada e adaptada á situación actual nos ámbitos comerciais, económicofnanceiro, planeamento e previsións, novas ferramentas e recursos.
– Impulsar o encontro entre cooperativas, a posta en común de necesidades e recursos, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas entre as cooperativas e entidades da economía social que
participen na formación.
– Facilitar ferramentas específcas de xestión, repositorios, bases de datos, de autodiagnose, teletraballo e reunións virtuais que podan contribuir a adaptarse á unha realidade onde o presencial vai tardar en
recuperarse plenamente.

Temario:
Módulo 1.- Xestión cooperativa en entornos de crise.
Módulo 2.- Habilidades Sociais e organización societaria.
Módulo 3.- Plan de Reactivación.
Módulo 4.- Recursos e ferramentas dispoñibles.

Metodoloxía:
O curso desenvolverase a través da modalidade de teleformación, na plataforma da Unión de Cooperativas Espazcoop www.aulaespazocoop.com.