Descobre con inicia.coop cal é o perfil para emprender en cooperativa

 

 

Inicia.coop é un recurso da Unión de Cooperativas EspazoCoop, unha ferramenta web accesible e sinxela, coa que se pode realizar un diagnóstico que che permita coñecer cal é o teu perfil emprendedor para formar unha cooperativa, de acordo coas túas respostas ás preguntas formuladas pola aplicación.

Como funciona inicia.coop? A través de varios formularios incluídos en 5 pasos, deberás respostar cuestións, co fin de mellorar o teu autocoñecemento e avaliar o teu potencial e perfil emprendedor para a empresa cooperativa:

  • Paso 1 – Presentación e obxectivos
  • Paso 2 – Principios cooperativos
  • Paso 3 – Iniciativa emprendedora
  • Paso 4 – Traballo en equipo
  • Paso 5 – Liderado

Para realizar o diagnóstico é preciso o teu rexistro previo como “usuario-a” da web.

Interésache emprender a través dunha cooperativa? fai clic!: inicia.coop.

Inicia.coop enmárcase dentro do Convenio de Colaboración 2023 entre a Deputación de A Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, vinculado ao Proxecto “Fomento do Emprendemento en Cooperativa e Consolidación de Cooperativas Creadas” ao abeiro do Plan de Emprego Local -PEL- de 2023.