Coñece ás novas cooperativas socias

Presentamos a un novo grupo de cooperativas, as últimas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

• A FEROZ •


A FEROZ | Compañía de teatro

A Feroz, cooperativa de traballo asociado, son unha compañía de teatro adicada a estas actividades:

  • Produción e representación de pezas artísticas teatrais.

  • Produción e difusión doutro tipo de formas artísticas (vídeos, audios, libros, etc…).

  • Produción e distribución de actividades pedagóxicas vencelladas ás artes.

  • Xestión de actividades culturais (ciclos, festivais, conferencias, mesas redondas, programacións…)

  • Venda de produtos culturais.

  • Venda de merchandising (bolsas, camisetas, libretas, autoadhesivos…).

Ponte Sampaio (Pontevedra) | Cooperativa de traballo | Web: https://aferoz.gal/ | Redes sociais: facebookinstagram


• SOMOS TERRA •

SOMOS TERRA | Educación e consultoría para a sostenibilidade do territorio

SomosTerra é unha cooperativa de traballo xuvenil sen ánimo de lucro que busca, mediante a súa actividade, fomentar a sostibilidade no territorio, a través de proxectos de divulgación e formación en sostibilidade e de asesoramento e consultoría no ámbito ambiental.

Traballan por impulsar a transformación socioecolóxica na realidade local a través de proxectos de cooperación local e a participación social.

Nigrán (Pontevedra) | Cooperativa xuvenil | Web: http://www.cooperativa@somosterra.gal| Redes sociais: facebookinstagram


• XINEGAL •

XINEGAL

Xinegal é unha cooperativa de traballo que desenvolve e abarca varias actividades económicas como son:

  • Fabricación e venda de calzado, bolsos, e accesorios (baixo a marca Karvat Sandalias, modelos únicos feitos a man)
  • Produción e venda de produtos de horta, e elaboración de conservas.
  • Turismo rural.
  • Servizos de limpeza domiciliaria.
  • Servizos de perruquería e estética.
  • Servizos informáticos, venda de software e hardware.

Oleiraos (A Coruña) | Cooperativa de traballo | Web: http://karvatsandalias.com/



 

• ARELA SOLUCIÓNS •

ARELA SOLUCIÓNS | Solucións informáticas e tecnolóxicas

Arela Solucións abordan os problemas informáticos e tecnolóxicos da empresa. O seu equipo de profesionais ofrecen consultoría, análise e despregadura de sistemas integrais tanto en software como en hardware.

  • Desenvolvemento de software.
  • Asistencia técnica.
  • Sistemas informáticos.
  • Equipamento de oficinas.
  • Estadística.

Santiago de Compostela (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado | Web: http://www.arelasolucions.net/


• MOTOTERO •

MOTOTERO | Taller de motos e maquinaria agrícola

Mototero é un taller mecánico, unha cooperativa de traballo asociado adicada á venda e reparación de motos, de maquinaria agrícola e forestal e á venda de recambios.

A Guarda (Pontevedra) | Cooeperativa de traballo | Web: http://www.mototero.es | Redes sociais: facebookinstagram


• NOVA CASA ATLÁNTICA •

NOVA CASA ATLÁNTICA | Decoración sostible

Nova Casa Atlântica é marca de decoración sostible que pon en valor o traballo de artesás de Galicia e Portugal.

Casa Atlântica son pequenas coleccións de produtos singulares de artesanía, contemporáneos e locais, otougardo prioridade á produción en contornas rurais en obradoiros de aldeas e pobos. Inspíranse na paisaxe, na arte popular, no deseño modero do século XX ou en pezas antiga.

Participan en todo o proceso, desde o deseño ata a produción e distribución de forma independente. O resultado son produtos útiles e esteticamente atrativos con encaixe nas decoracións contemporáneas.

Redondela (Pontevedra) | Cooperativa de traballo | Web: http://www.casaatlantica.es | Redes sociais: Facebook | Instagram


Somos a maior rede de cooperativas en Galicia, con 263 cooperativas, fai clic: Asóciate!

 


• LEIRAR NA LEIRA •

LEIRAR NA LEIRA | Casa Niño

Leirar na Leira é unha casa niño que se adica á atención á primeira infancia a través da Casa Niño Raíces e Brotes. Realizan tamén talleres de sensibilización nos centros educativos, actividades e campamentos de lecer na natureza nos períodos non lectivos, e dinamización comunitaria (acompañamento e intervención social).

Pontedeva (Ourense) – Cooperativa de traballo | Redes sociais: Instagram


• LA YAPA •

LA YAPA | Alimentación

La Yapa é unha cooperativa de traballo adicada á venda en liña de produtos de alimentación e bebidas de orixe sudamericana (como mates, herba mate, produtos arxentinos e uruguaios…), realizando envíos para toda Europa. Operan baixo a marca Qumir.

Tomiño (Pontevedra) | Cooperativa de traballo | Web: http://www.qumir.eu | Redes sociais: Facebook | Instagram


• SALUD Y NUTRICIÓN •

SALUD Y NUTRICIÓN INTEGRAL | Saúde integral

A cooperativa de traballo Salud y Nutrición centran a súa actividade no campo da saúde integral:

  • Asesoramento individualizado basado na mediciña integrativa para previr e revertir procesos patolóxicos agudos e crónicos, para mellorar a calidade de vida das persoas, mediante estratexias personalizadas de coaching de saúde.
  • Intervención psicolóxica, individual e grupal, para a promoción e mellora do estado xeral da saúde mental das persoas.
  • Actividades e accións informativas e formativas sobre o ámbito da saúde física e mental en diferentes ámbitos e sectores.
  • Investigación e divulgación de contido actualizado para a promoción e mellora da saúde física e mental.

Culleredo (A Coruña) | Cooperativa de traballo


• BELDADE •

BELDADE | Casa do Maior

Beldade é unha cooperativa de traballo que desenvolve a súa actividade como Casa do Maior, é un centro de día para persoas maiores de 60 anos sen dependencia na localidade de Moeche (A Coruña). As socias de Beldade son especialistas na atención, coidado e dinamización de persoas. No centro realizan diversas actividades adaptadas para as maiores que conflúen alí.

Moeche (A Coruña) | Cooperativa de traballo | Redes sociais: facebook Casa do Maior Casabranca


• ILLA BUFARDA •

ILLA BUFARDA | Produción audiovisual

Illa Bufarda é unha cooperativa galega que traballa en produción audiovisual dende o ano 2012. Adriana, Pilar e Sabela, as súas socias traballadoras, conforman un equipo multidisciplinar que abrangue diferentes técnicas, tales como vídeo, animación, fotografía ou deseño, entre outras. Traballan con diferentes formatos, xéneros e soportes para dar respostas creativas ás necesidades de cada proxecto a través da linguaxe visual.

Santiago de Compostela (A Coruña) | Cooperativa de traballo | Web: htpps://www.illabufarda.gal | Redes sociais: vimeo | facebook | instagram | x


• IDEARIA SOLUCIONES •

IDEARIA SOLUCIONES

Idearia Soluciones buscan mellorar os procesos de calquera tipo de empresa mediante a búsqueda de solucións adecuadas a cada necesidade.

Teñen productos propios para aportar software en sectores menos dixitalizados, como a miticultura ou a educación, pero tamén desenvolven software a medida para clientela diversa entre a que se atopan empresas de servizos marítimos, centros educativos, empresas forestais, talleres de coches, empresas frigoríficas, canteiras de pedra, etc.

O seu obxetivo en cada proxecto é aportar valor a través da enxeñaría, buscando a solución idónea en cada caso e acompañando á clientela na súa implantación para asegurar que a necesidade queda cuberta.

Son especialistas no universo Microsoft: .NET, Blazor, Xamarin, ou Azure, entre outros.

Non só desenvolven software, implantan solucións.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo | Web: http://www.idearia.es/


• AILURO CAT CAFÉ •

AILURO CAT CAFÉ

Ailuro Cat Café é unha cafetería na que a clientela poderá pasalo rato relaxadamente con gatos mentres toman algo. O aspecto principal de Ailuro Cat Café é o de ser un lugar de residencia para os gatos, en concepto de casa de acollida.

Colabora coa ONG Gatiños da Rúa de Vigo, protectora que se fai cargo de proporcionar os gatos, mentres que Ailuro Cat Café fai intermediación para a adopción e encárganse do seu benestar e os seus coidados.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo | Web: https://ailurocatcafe.com/ | Redes sociais: Instagram


• MOIRA •

MOIRA | Axencia de mercadotecnia consciente

Moira é unha axencia de mercadotecnia consciente que busca humanizar as marcas. Realizan:

Branding: Crean identidades visuais cautivadoras e coherentes: logotipos e deseños gráficos web e elementos visuais para redes sociais cos que afortalar a identidade das marcas no mundo dixital.

Estratexias: A través de una combinación de SEO, SEM, email marketing, campañas publicitarias, anuncios y conversións, aseguran a presenza en liña, e conectan coa audiencia para xerar resultados.

Fotografía e vídeo: Contan historias coa imaxe, a través de fotografía e vídeo corporativo.

Xestión de redes sociais: Xestión de redes sociais: Contido estratéxico, análise de datos, interacción coa comunidade e campañas publicitarias.

Creación web: Deseño web, cun enfoque que inclúe a optimización para motores de búsqueda (SEO) para aumentar la visibilidade online.

Padrón (A Coruña) | Cooperativa xuvenil | Web: https://moiracreativa.com/ | Redes sociais: Moira en Instagram neste enlace


• ENXAME •

ENXAME | Consultoría social

ENXAME é unha consultora social comprometida coa mellora da calidade de vida das persoas e o desenvolvemento das comunidades, ofrecendo unha ampla variedade de servizos adaptados as súas necesidades. Son especialistas no deseño, planificación, implementación e avaliación de políticas públicas, plans e programas sociais, colaborando coas administracións e cooperando con outras entidades locais.

Ofrecen formación e orientación laboral para mellorar as habilidades e competencias das persoas e facilitar o seu acceso ao emprego. Todos os proxectos realízanse dende unha perspectiva transversal de igualdade de xénero e de oportunidades, impulsando estruturas máis igualitarias e fomentando a economía social. Ademais, como entidade inscrita no Rexistro de Mediadores, prestan servizos de mediación en conflitos sociais, laborais e comunitarios.

Ares (A Coruña) | Cooperativa de traballo | Web: https://www.enxame.gal/


• XARDINERÍA TALO •

XARDINERÍA TALO | Servizos de xardinería

Talo é unha cooperativa de traballo que ofrece servizos de xardinería, desbroces e podas.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo


• CHANZO A CHANZO •

CHANZO A CHANZO | Servizos sociosanitarios – Casa do Maior

Chanzo a Chanzo é unha cooperativa galega que ofrece un servizo profesional de coidados sociosanitarios tanto a nivel domicilio como en institucións, centrado nas persoas.

A sociedade está fundada por mulleres emprendedoras, con titulación académica como Técnicas en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (TAPSD), cunha traxectoria profesional que permite ter unha clara perspectiva cara ao enfoque e desenvolvemento das actuacións a levar a cabo coas persoas beneficiarias dos servizos.

  • Atención sociosanitaria a persoas en domicilio.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  • Xestión de teleasistencia.

As Somozas (A Coruña) | Cooperativa de traballo | Web: https://chanzoachanzo.com/


• OUTONÍA •

OUTONÍA | Educación social e sustentabilidade rural

A cooperativa Outonía teñen como actividade a intervención comunitaria no medio rural. Empregan as ferramentas que lles proporciona a educación social para crear intervencións sociocomunitarias no ámbito rural.

Apostan por crear proxectos e intervencións educativas en territorios rurais adaptadas ás necesidades das persoas que o conforman.

Quiroga (Lugo) | Cooperativa de traballo | Web: https://outoniacoop.gal/ | Redes sociais: Outonía, InstagramOutonía, Facebook