A organización que representa ás cooperativas de traballo de Europa e do Mundo , CECOP – CICOPA, lanzou a campaña #1coop1week, que trata de dar visibilidade aos millóns de cooperativistas do planeta. Cederán un espazo nas redes sociais a unha cooperativa cada semana, para resaltar o seu proxecto posteando nas redes sociais (facebook-cicopa e twitter-cicopa) fotografías, vídeos ou pequenas descricións das empresas cooperativas.
O material tamén será publicado na web de CICOPA.
Animámoste a participar nesta iniciativa !.
Se a túa cooperativa está interesada podes enviar a información a prensa@coceta.coop ou directamente a CICOPA a través das súas redes sociais.
Dende o lanzamento da campaña xa saíron :
Delicias Criollas, Uruguai
Bybi Social Cooperative, Dinamarca
Malta Boatmen & Mooring Services Coop Ltd, Malta
Watthan Artisans Cooperative, Camboia
La Cruz Azul, México
Macrotour, España
Le Mat, Italia
Consorcio Vägen ut ! (“Una salida”), Suecia
CareForce Home Care, Canadá
Twanano, Sudáfrica
Ardelaine, Francia
Centro de Día para persoas maiores Azubi, Xapón
Cooperativa ACAI, Brasil
Orientación y Seguridad CTA, Colombia
Molino Santa Rosa, Uruguai
Yellowknife Glass Recyclers, Canadá
Shri Gitanjali Mahila SEWA Industrial Stationary Producers Cooperatives Ltd., India
PrimePac Solutions, Gales, Reino Unido
Sud Vendée Paysages, Francia
Celulosas y Papel, S. Coop. And., España
“Socialeinrete”, Italia
Green Worker Cooperatives, Estados Unidos
Kbrones, Arxentina
Tofu Kobo, Xapón
Dynamix, Gales