3ª EDICIÓN
EspazoCoop participará en C2C
Conversacións
Aprendizaxe e intercambio de promotoras/es da ESS
23 e 24 de novembro
BILBAO | 2023
A Rede da Economía Alternativa e Solidaria (REAS) organiza a 3ª edición de C2C Conversacións, un Encontro de Aprendizaxe e Intercambio de persoas Promotoras da Economía Social e Solidaria, que se celebra en Bilbao os días 23 e 24 de Novembro e no participará a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
O emprendemento pode ser unha vía para canalizar a iniciativa social, para acometer retos comunitarios, artellando novas formas de traballo, de mutualismo, de economía. No marco da Economía Social e Solidaria (ESS) levamos moitos anos desenvolvendo programas e ferramentas que se adecúan ás diferentes fases, necesidades e posibilidades do proceso de emprender: desde o pre-emprendemento e posta en marcha, ata a consolidación, procesos de acompañamento, intraemprendemento, etc. Itinerarios máis xerais ou dirixidos a colectivos sociais ou sectores de actividade específicos; todo iso, incorporando elementos como o valor cooperativo, o desenvolvemento comunitario, os feminismos, os procomúns, a sustentabilidade, que están recollidos na nosa carta de principios.
A promoción de espazos dirixidos a profesionais, activistas e organizacións que desenvolven actividades de promoción e acompañamento de iniciativas da ESS faise máis necesario que nunca, e por iso chegou unha nova edición de C2C Conversacións, Aprendizaxe e Intercambio de promotoras/es da ESS.
Fai cinco anos que non nos atopamos e pasaron moitas cousas durante o camiño: volver atoparnos de novo énchenos de alegría, esperamos que sexa unha nova edición na que volvamos a vista atrás, pero tamén miremos cara a adiante, xerando novas APRENDIZAXES, pensando conxuntamente nos RETOS e na procura de SOLUCIÓNS e imaxinando novos itinerarios de emprendemento de forma COLECTIVA.
+ INFORMACIÓN: neste enlace
Fonte da nova: Portal web da Economía Social e Solidaria.