Os 28 convenios asinados por EspazoCoop permiten promocionar o cooperativismo en colaboración cos axentes sociais

 

Os 28 convenios asinados por EspazoCoop no marco do programa POISES permiten promocionar o cooperativismo en colaboración con entidades e axentes sociais

A través de POISES, o Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social cofinanciado polo Fondo Social Europeo e convocado por Cepes, EspazoCoop asinou nos últimos tres anos un total de 28 convenios de colaboración para promocionar o cooperativismo e a economía social na comunidade galega.

Grazas a estas alianzas establecidas con diversos colectivos, entidades públicas, centros de ensino, concellos, asociacións de vivenda, colexios profesionais, asociacións de diversidade funcional, empresas cooperativas, asociacións de migrantes, universidade, asociacións de finanzas éticas, fundacións, ou asociacións de promoción económica, a Unión ofreceu servizos e actividades sobre emprendemento cooperativo e creación de emprego en réxime cooperativo.

Poises é un dos instrumentos que o goberno de España deseñou para contribuír ao logro dos obxectivos marcados pola Estratexia Europea, especialmente os relacionados co crecemento integrador.

En concreto, a sinatura destes 28 Convenios foi parte do Programa “Emprender en Cooperativa” Apoio ao Emprendemento Cooperativo en Galicia executado por EspazoCoop no período 2021-2023, e as entidades coas que EspazoCoop coveniou o fomento do cooperativismo foron as seguintes:

  • Soluciones Siauto, S. Coop. Galega.
  • Colexio Mendiño S. Coop. Galega.
  • Asociación Movilidade Humana.
  • Colexio Oficial de Educadoras/es Sociais de Galicia.
  • Asociación de Migrantes de Galicia.
  • Fundación Eduardo Pondal.
  • Asociación Provivienda.
  • Concello Coruña.
  • CIFP Manuel Antonio.
  • CIFP Someso.
  • IES A Cañiza.
  • IES A Guía.
  • IES Eduardo Pondal.
  • IES Eusebio da Guarda.
  • IES Macías O Namorado.
  • CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel.
  • IES Terra de Soneira.
  • IES Montecelo.
  • Concello de Porto do Son.
  • Concello de Sada.
  • Asociación IN-RED.
  • AIS O Peto.
  • CIE Mans. Fundación Paideia.
  • Enxeñería sen Fronteiras.
  • Escola de Relacións Laborais da Coruña.
  • Concello de Mos.
  • Asociación Boa Vida.
  • Fundación Sta. María la Real.

A colaboración con axentes e redes de distintos ámbitos facilita poder achegarlles a distintas persoas e colectivos o modelo empresarial cooperativo, para que poda ser tido en conta á hora de acceder ao emprego, como unha fórmula de autoemprego colectivo.