As novas cooperativas socias
Presentamos ás seis novas cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop. Deixámosvos a súa referencia para que as coñezades un pouco e as podades ter en conta á hora de practicar un consumo cooperativo ou para intercooperar e telas como aliadas á hora de realizar traballos en común ou nas vosas relacións profesionais.
» XARDA ten por actividade principal estes ámbitos:
- Prestación de servizos xornalísticos.
- Produción audiovisual.
É unha cooperativa de traballo asociado con sede en Bertamiráns (A Coruña).
Web: http://xarda.gal/
» SUSEIA realiza actividades relacionadas coa produción de programas de televisión e audiovisuais.
É unha cooperativa de traballo con sede en Brión (A Coruña).
» CUARTO DE INVERNO é unha editorial independente.
Publican libros e realizan servizos editoriais (deseño, correcións, escritura …).
Trátase dunha cooperativa de traballo con sede en Arzúa (A Coruña).
Rede social: Facebook Cuarto de Inverno
» TECELEIRAS adícase a:
- Cría e recría de aves de forma artesanal para a producción agroecolóxica.
- Producción e transformación de produtos agroecolóxicos.
- Manipulación, conservación, transformación, aproveitamento artesanal e comercialización de produtos agroecolóxicos.
- Deseño, execución e desenvolvemento de programas educativos (acción formativas e divulgativas).
Trátase dunha cooperativa de explotación comunitaria da terra con sede en Aranga (A Coruña).
» FLORES VIVAS adícase á venda ao por maior de flor cortada. Contan cun almacén para a venda maiorista deste produto.
Trátase dunha cooperativa de traballo con sede no Baixo Miño, en Amorín (Tomiño).
» A DISONANTE CULTURAL traballan no ámbito da xestión e producción cultural, en concreto adícase a:
- Formación en diversas áreas da creación e a execución músical en particular e das artes escénicas en xeral;
- Producir, promover e divulgar eventos e actividades de cariz cultural e/ou recreativo;
- Asesorar na xestión e na innovación de procesos, eventos ou actividades do sector cultural;
- Producción, divulgación, distribución e comercialización de obras artísticas e editoriais;
- Promover calquera outra actividade considerada necesaria para a realización dos seus fins sociais.
Trátase dunha cooperativa de traballo asociado son sede na cidade de Vigo.
Web: https://www.adisonantecultural.org
Fai clic : // CAMPAÑA #SUMACOOPS //
Fai clic: // DIRECTORIO DE COOPERATIVAS SOCIAS //