As cooperativas de traballo creceron un 32% no terceiro trimestre de 2013, segundo nota de prensa do Departamento de Comunicación de COCETA.
Teñen crecido esa porcertaxe respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Con elo, volve a amosarse como este modelo empresarial medra e resiste a pesares da situación económica. As cooperativas de traballo, co resto das demais tipoloxías cooperativas, constitúen o eixo vertebrador das empresas da economía social, asociadas na entidade CEPES.
Si se analiza este incremento por Comunidades autónomas, a práctica totalidade das mesmas experimentou un crecemento. Destaca Andalucía, cun 60% respecto ao mesmo período do ano anterior. Ségulle Murcia, cun aumento do 21%, mentras que as comunidades do País Vasco, Cataluña e a Comunidade Valenciana confirman un incremento superior ao 11%.
Estas porcentaxes tradúcense nunha recuperación do emprego nas cooperativas de traballo aos niveis do ano 2007.
Para ler a nota de prensa completa, preme aquí : As cooperativas de traballo crecen